
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, mantiveron un encontro co investigador galego Diego Martínez. Este físico focense, doutor en Física pola USC e que traballaba para o Instituto de Física de Partículas Nikhef de Holanda, retornará a Galicia este ano grazas ao esforzo da propia USC e ao programa Oportunius de captación de talento promovido pola Xunta de Galicia.
O traballo coordinado entre o Goberno galego e a USC permitirá a contratación deste investigador de referencia, recoñecido no 2013 como o mellor físico mozo europeo de partículas. Neste sentido, Martínez conta cunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), cuxa excelencia científica se reflicte no feito de que 3 dos 13 Premios Nobel 2014 lle foron outorgados a investigadores que desenvolveron as súas carreiras grazas a elas.
A través desta bolsa, e co seu novo contrato na Universidade de Santiago de Compostela no marco do Oportunius, o físico galego contribuirá a mobilizar en Galicia 1,5 millóns no próximo lustro, impulsando a creación de emprego altamente cualificado derivado da formación do seu equipo de investigación.
A captación deste talento investigador galego, así como a formación de científicos con potencial para conseguir as mencionadas bolsas ERC, son o eixo fundamental de desenvolvemento do programa Oportunius, co obxectivo de situar á I+D+i galega na vangarda internacional .
Neste sentido, a través do Oportunius, a Xunta aspira a atraer ao Sistema Galego de I+D+i a Galicia a 24 investigadores de referencia que conten con beca ERC, de cara a desenvolver liñas punteiras e competitivas a nivel internacional desde Galicia.
Para acadar esta meta, a Axencia Galega de Innovación investirá máis de 4 millóns de euros ata o ano 2020. Ademais, está a impulsar diferentes actuacións de dinamización do programa, colaborando ata o de agora con 38 investigadores que traballan en centros de investigación galegos para a preparación das propostas coas que optar ás becas europeas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.