
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta un novoespazo para a reflexión no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) no que recoñecidas figuras do panorama actual como son Bernardo Atxaga, Suso de Toro, Carme Riera e Bradley Epps abordarán, a través da literatura, a situación da sociedade en relación coa cultura.
Cara a onde? Observando a transformación cultural e social desde a literaturaé o título do ciclo quesedesenvolverá durante catro sesións, un sábado ao mes desde marzo ata xuño, baixo a dirección de Alfredo Conde.O escritor e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron esta mañá xunto coa xerenta do CGAC, Pepa Fuentes, a iniciativa, na que tamén participarán o escritor e xornalista Henrique Alvarellos, o profesor, editor e crítico literario Xosé A. López Silva e o profesor, crítico e ensaísta Ramón Nicolás.
Segundo recordou Anxo Lorenzo, o CGAC constitúe un espazo de difusión cultural para dinamizar o panorama artístico actual e reflexionar sobre a diversidade das conformacións culturais na sociedade contemporánea.Ademais dos proxectos expositivos, o centro ofrece unha ampla programación de actividades que lle permite abordar a cultura contemporánea nun sentido amplo, a través de iniciativas como este novo ciclo, que terá lugar no auditorio do CGAC en horario de 12 a 14 horas e que será de entrada libre e gratuíta ata completar as localidades.
O 7 de marzo Bernardo Atxaga impartirá a conferencia A cortiza e a áncora. O escritor e membro da Real Academia Vasca da Lingua, galardoado con importantes premios internacionais e nacionais tanto en narrativa como en poesía, conta con obras levadas ao cinema e traducidas a 32 idiomas. Neste relatorio fará referencia ás razóns esgrimidas a favor e en contra do uso de linguas minoritarias.
O 11 de abril Suso de Toro defenderá que Unha obra literaria pide lector, unha literatura pide estado. O autor galego compaxina a docencia co seu traballo literario, a creación de guións para radio e televisión e as colaboracións en diferentes medios de comunicación. Obtivo diversos premios literarios e a súa obra, traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades. Ao seu entender, as linguas precisan espazos sociais e nacionais para existiren e a protección dun estado que vincule a súa existencia á da propia lingua, ou non. Pregúntase se a lingua galega tivo un estado que a protexese desde 1975.
A literatura morreu, viva o fútbol, relatorio de Carmen Riera o 23 de maio. Premiada pola autoría de novelas, contos e ensaios en catalán e castelá, é membro da Real Academia Española e da Real Academia de Boas Letras de Barcelona. A súa obra foi traducida a numerosas linguas entre as que se atopa o alemán, o ruso, o grego ou o hebreo. A escritora expón a perda de interese do pobo pola literatura ao deixar de ser un feito ligado á cuestión nacional, fronte aos equipos de fútbol que si conseguen esa forte relación a pesar da orixe diversa dos seus integrantes.
A derradeira xornada será o 20 de xuño cun relatorio a cargo de Bradley Epps baixo o títuloA que(e)renza do normal: tensións e torceduras da identidade nacional e lingüística. Profesor de literatura española en diversas universidades de Estados Unidos e Reino Unido como Harvard ou Cambridge, e fondo coñecedor das diferentes realidades culturais da península Ibérica, os seus traballos tocan temas como a muller, o xénero, a literatura o cinema ou a arte. Epps reflexionará sobre o estado permeábel e precario das Letras e sobre a estranxeiría como condición continxente: non se é estraño ou estranxeiro senón que se está. Unha condición que atravesa toda lingua normalizada, non normalizada e por normalizar.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.