As competencias provinciais e as estratexias de Transparencia e goberno aberto son os principais temas que se debaten na III Xornada sobre o Futuro das provincias, que terá lugar o 13 de marzo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, organizada pola Deputación de Ourense e a Fundación Democracia e Goberno Local, o think tank (laboratorio de ideas) máis importante do municipalismo español, integrada por 23 dos 45 gobernos locais intermedios de España.
A xornada sobre o futuro das provincias, unha iniciativa que forma parte do Plan Ourense 92, ten como obxectivo analizar o papel fundamental que xogan as deputacións para facer efectivo o principio de equilibrio territorial, e para contribuír a racionalizar e facer máis eficaz a organización dos servizos públicos, especialmente no que atinxe aos gobernos locais intermedios, afirma Manuel Baltar. Asemade, este foro avoga por un modelo de cooperación local que axude a redimensionar as tarefas dos concellos e demais entes locais.
A inauguración da xornada estará a cargo do presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e de Josep Llobet Navarro, deputado delegado da Deputación de Barcelona para as Relacións coa Fundación Democracia e Gobierno Local. O primeiro dos relatorios, sobre A provincia na Constitución española de 1978. Perspectivas de futuro, será ofrecido por Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, ao que seguirá o relatorio sobre As competencias provinciais, a cargo de Tomás Quintana López, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de León. Asemade, o relatorio que abordará as Estratexias provinciais de Goberno Aberto. Transparencia, será ofrecido por Diana Santiago Iglesias, doutora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, tralo cal terá lugar un debate entre os asistentes.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.