Notas de prensa

Pratos informais cun estilo gastronómico innovador, no Showcooking Cociña Autóctona de Lugo

A Escola de Hostalería de Lugo acolleu a 11ª xornada onde os participantes elaboran de xeito tradicional pero cun toque moderno lasaña, pescada e semur de carne de raza cachena. Financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02 Provincial, mostra “o potencial turístico da cociña de proximidade” a través de xornadas gratuítas de cociña.

O Showcooking Cociña Autóctona da Deputación chega a Lugo tras o seu paso pola Fonsagrada, Monforte de Lemos, Cervantes, O Valadouro, Begonte, Outeiro de Rei, Foz, Ribadeo e Chantada co obxectivo de potenciar a comercialización e o consumo dos produtos propios da provincia luguesa ao tempo que se favorece o desenvolvemento do turismo gastronómico.

Nesta ocasión, o local encargado de acoller esta clase maxistral de cociña será a Escola de Hostalería de Lugo, ubicada no IES Sanxiallao, lugar de formación dos futuros chefs e profesionais do mundo da hostalería da provincia luguesa. A partir das 17:00 horas, os chefs Jacobo Santeiro, Diego Martínez, Fran Fernández e Adrián Salgado, cociñeiros do restaurante O Mercado Street Food, amosaranlle aos participantes a combinar a elaboración de pratos informais cun estilo gastronómico innovador, empregando produtos autóctonos da provincia.

Nesta masterclass, a undécima do Showcooking, os participantes aprenderán a elaborar un primeiro prato de lasaña thai de carne de raza cachena, pementos e bechamel de cilantro e un segundo de pescada curada en sal asada en folla de banano con crema de gazpacho picantes katsuobushi e pan de gambas especiado. Para rematar, os chefs prepararán semur de vaca cachena cun toque mexicano. Como en todas as anteriores xornadas, ao rematar a clase os asistentes catarán o menú elaborado.

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, participarán neste obradoiro que pretende mostrarlle aos asistentes o potencial turístico da “cociña de proximidade”, un concepto moi recente que busca diferenciar aos restauradores que empregan maioritariamente provedores e produtos da súa zona, asegurando así a súa frescura e estado ao chegar ao establecemento, xa que non é necesario un transporte excesivo.

A iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02 Provincial, está dirixida principalmente a profesionais do sector hostaleiro, entre os que se trata de fomentar o uso de produtos autóctonos na elaboración dos seus pratos diarios, aproveitando a calidade e a exclusividade dos propios de cada zona para impulsar o sector. Este xoves a Deputación pecha este ciclo de clases maxistrais de cociña no Restaurante Os Mesones de Guitiriz, onde se empregarán, ao igual que o resto da xornadas, produtos autóctonos, principalmente, aqueles que posúen a marca de calidade LugoSabe, creada polo organismo provincial, e os ofertados na 1º plataforma de comercio electrónico da provincia, tamén posta en marcha pola Deputación: www.losproductosdelugo.com

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2015-02-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES