Notas de prensa

Éxito de visitantes na estación de montaña de Manzaneda (Ourense)

Preto de 6.000 visitantes gozaron das instalacións da estación galega durante a primeira fin de semana de febreiro, reunindo esquiadores procedentes principalmente de Galicia, El Bierzo e o norte de Portugal. Dende Turismo de Galicia apóstase por esta estación de montaña como importante polo de atracción turística e elemento dinamizador desta zona.

Os primeiros días de febreiro supuxeron para a estación de montaña Manzaneda o segundo gran aluvión de visitantes durante esta tempada, grazas a unhas condicións meteorolóxicas inmellorables para a práctica deportiva, con todas as pistas abertas –un total de 23 que suman máis de 16 quilómetros - e días soleados.

O sol e a neve aliáronse para que a estación de montaña contabilizase 2.500 forfaits vendidos durante os dous días do pasado fin de semana. Esta cifra, sumada á de aquelas persoas que desprazáronse unicamente para disfrutar coa neve e o bo tempo elevou ata preto dos 6.000 o total de visitantes que gozaron das instalacións da estación galega, reunindo esquiadores procedentes principalmente de Galicia, El Bierzo e o norte de Portugal.

O domingo foi o colofón a un gran fin de semana para o esquí en Galicia xa que a estación de montaña Manzaneda acolleu un ano máis os campionatos galegos de esquí alpino en todas as súas categorías tanto masculinas coma femininas. Foron máis de 60 os participantes da competición, que se disputou na pista Pluviómetro 2, baixo a modalidade de xigante a dúas mangas e que contou con representantes tanto de Galicia coma de Asturias e Castela e León.

Deste xeito, a ocupación da estación de montaña galega alcanzou no fin de semana o 98%, funcionando a pleno rendemento.

Durante os tres primeiros días da semana a estación de Manzaneda acolleu a máis de 1.700 clientes -625 o luns, 776 o martes e 383 o mércores- rexistrando un total de 14.319 subidas en telesilla - 4.902 no luns, 6.633 o martes e 2.784 o mércores-.

Todos os servizos da estación estiveron operativos minimizando as colas tanto en despachos, coma no aluguer e remontes, estando ademais as tres cafetarías e os dous restaurantes abertos, que proporcionaron servizo non só aos esquiadores, senón tamén aos numerosos visitantes.

Importante polo de atracción turística

A estación de Manzaneda non está reservada exclusivamente á época de neve xa que ofrece numerosas actividades deportivas e de ocio así como programas sociais e culturais tanto para nenos como para adultos.

Entre os seus grandes atractivos destacan a súa tirolina xigante e o parque multiaventura, coa actividade de paintball recen estreada no pasado mes de xaneiro, que contan con gran aceptación tanto entre nenos como adultos durante todo o ano.

Neste senso, dende Turismo de Galicia apóstase por esta estación de montaña como importante polo de atracción turística e elemento dinamizador da zona. Entre outras accións levadas a cabo por Turismo de Galicia podemos destacar a sinalización turística da estación e dos seus arredores así como as accións de mellora das súas instalacións.

Así mesmo, o Plan Integral de Turismo dedica unha das súas liñas estratéxicas á oferta turística baseada no patrimonio e nos recursos endóxenos, buscando a desestacionalización e os novos públicos.

Nesta liña a folla de ruta de Turismo de Galicia inclúe accións concretas a desenvolver na estación de montaña de Manzaneda coma o deseño dun programa para tempada baixa dirixido ao segmento de deportistas afeccionados no que se intensifique a oferta de actividades de turismo activo ou o impulso da organización e celebración de novos eventos deportivos ao aire libre nos recursos naturais galegos ao longo de todo o ano.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-02-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES