Notas de prensa

O Camiño de Santiago recibe o Premio Estrella do turismo como proxecto europeo con máis futuro

O galardón foi concedido pola revista TURISMO enxalzar as empresas, marcas, países ou proxectos, que mellor souberon adaptar o sector aos novos tempos e marcar unha traxectoria impecable e positiva no ámbito turístico. No caso galego, destácanse as características que “acercan aos pobos a Galicia e converten ao Camiño na ruta máis universal do planeta”.

A Revista TURISMO concedeu o premio Estrella do Turismo ao Camiño de Santiago como proxecto europeo con máis futuro. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recolleu o galardón das mans do Embaixador de Italia en España, Pietro Sebastiani, na gala de entrega da primeira edición destes premios que reuniu en Madrid a representantes das embaixadas e delegacións de turismo de todo o mundo.

Estes premios xorden co obxectivo de enxalzar as empresas, marcas, países ou proxectos, que mellor souberon adaptar o sector aos novos tempos e marcar unha traxectoria impecable e positiva no ámbito turístico.

A revista distinguiu o Camiño de Santiago como o proxecto cultural con máis futuro en Europa e destacou que é “unha das rutas de peregrinación máis emblemáticas do mundo e unha autopista de unión entre os europeos”. Así mesmo, valorou os proxectos e plans de promoción turística y cultural, así como, as campañas, exposicións, conferencias e publicacións, que, segundo explicou “acercan aos pobos a Galicia e converten ao Camiño na ruta máis universal do planeta”.

A directora de Turismo de Galicia agradeceu a dita distinción afirmando que “este premio é unha mostra máis da grande importancia e recoñecemento que está a alcanzar o Camiño de Santiago”. Nesta liña, Nava Castro lembrou outros grandes recoñecementos internacionais cos que conta a Ruta Xacobea e que a converten nun itinerario de referencia a nivel mundial, destacando a declaración de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e a declaración de Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa.

A responsable de Turismo da Xunta destacou que “o Camiño de Santiago é, sen dúbida, o produto turístico estrela de Galicia e a súa icona máis universal”. “Constitúe a nosa carta de presentación no mundo e é un potente elemento diferenciador para Galicia”, afirmou.

Nava Castro explicou que, grazas ao Camiño, Galicia mostra o seu patrimonio tanto natural como cultural, os seus costumes e tradicións e a súa tan venerada gastronomía a miles de turistas de todas partes do mundo. “Todos eles son produtos que integra a nosa comunidade que complementan a experiencia dos peregrinos no seu percorrido polo Camiño”, sinalou.

A directora de Turismo destacou tamén na súa intervención o labor das máis de 300 Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago que levan a cabo numerosas iniciativas que difunden e promocionan este fenómeno por todo o mundo. “Elas son os verdadeiros embaixadores de Galicia e do Camiño nos seus países de orixe”, afirmou.

Así mesmo, Nava Castro explicou o traballo que desde Turismo de Galicia estase facendo para a revitalización e dinamización da Ruta Xacobea tendo en conta a súa capacidade e preservando os seus recursos patrimoniais e culturais. Neste senso, a directora de Turismo de Galicia destacou diversas iniciativas como o Plan Director do Camiño de Santiago, o proxecto Smart Camiño, a celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago ou a creación do Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos, entre outras.

“Apostamos pola revitalización e dinamización do Camiño de Santiago para non perder esa esencia que encandea ano tras ano a numerosos peregrinos e que supón o outorgamento de numerosas distincións internacionais pero desenvolvéndoo dun xeito sostible e atendendo a súa capacidade de carga”, sinalou Nava Castro.

A directora de Turismo de Galicia concluíu afirmando que “solo en Galicia está a meta do Camiño e isto a converte nun lugar único no mundo”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-02-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES