O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na rolda de prensa do Consello o Plan Galego de Política Familiar, cuxo borrador será presentado de forma inmediata ás organizacións e entidades que traballan neste sector para buscar o maior acordo posible. Estamos a falar dun instrumento de axudas ás familias, engadiu. O Plan Galego de Política Familiar, apuntou Feijóo, posúe 177 medidas que inciden en seis áreas de actuación: convivencia familiar, educación, conciliación, saúde, vivenda e ocio e deporte.
Máis polo miúdo, Feijóo explicou que o plan contén seis obxectivos xerais: dotar ás familias que máis o precisen de recursos; dar resposta ás necesidades das familias que teñen unha situación especial aínda que sexa excepcional; establecer mecanismos para o apoio á maternidade e á paternidade; establecer os mecanismos para o apoio á maternidade e a paternidade; facilitar a conciliación da familia tanto no laboral como no persoal; promover novos modelos de educación familiar para mellorar as pautas na crianza dos menores; e tamén sensibilizar a sociedade da importancia da familia e a súa incidencia no estado de benestar.
Se ben esta iniciativa será presentada ao sector antes da súa aprobación definitiva, o responsable do Goberno galego destacou algunha das medidas que prevé. E, neste liña, salientou a creación dun rexistro de familias monoparentais e un sistema de beneficios para estas familias; o fomento e ampliación dos programas de mediación familiar e a potenciación da creación de centros de primeiro ciclo de educación infantil en contornos empresariais.
Así mesmo, o plan contempla a posta en marcha de programas de voluntariado en familia nos proxectos dependentes da Xunta e a bonificación de prezos para as familias en situación de dificultades socioeconómicas.
Segundo informou o presidente da Xunta a Consellería de Traballo e Benestar lanza este plan a partires de agora e iremos informando do seu resultado e por suposto terá que volver ao Consello para a súa aprobación.
A Xunta renova e mellora o tícket eléctrico social incrementando as axudas que poden chegar ata os 300 euros anuais
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a aprobación dunha nova convocatoria do tícket eléctrico social para seguir axudando no pago do recibo da luz a aquelas familias que teñen máis dificultades económicas.
Decidimos ampliar o tique eléctrico social tanto no eido dos beneficiarios como das axudas directas, beneficiando a aquelas familias galegas con fillos menores de idade e cuxos ingresos non superen 1,5 veces o IPREM, dixo, ao que engadiu que, ademais da simplificación dos trámites administrativos e o reforzo das vías de tramitación, para que sexa máis rápido obter esta axuda, o tícket será compatible coa Risga, polo que os potenciais beneficiarios se incrementan de 15.000 ata 40.000 familias posibles beneficiarias.
Así mesmo, o orzamento increméntase ata os 1,5 millóns de euros; e increméntanse as contías, que se antes eran de ata 90 euros anuais para familias cun ou dos fillos e de 120 euros para familias con tres fillos ou máis, agora pasan a ser de ata 180 en familias cun ou dous fillos e de ata 300 euros no caso de familias numerosas. É dicir, incrementamos as axudas un 100% no caso das familias con dous ou menos fillos e un 150% no caso das familias con tres ou más fillos, aseverou.
Consciente de que a enerxía eléctrica é unha cuestión básica, o presidente do Goberno galego desatacou que a Xunta leva traballando en relación a este asunto nos últimos anos. E, neste sentido, lembrou que no Instituto Galego de Consumo resolvéronse a favor do consumidor un 60% das máis de 3.000 reclamacións presentadas no eido da electricidade nos 10 primeiros meses de 2014; estanse a desenvolver campañas para facer máis comprensible a factura da luz e fomentar o aforro enerxético; estamos levando a cabo traballos de impulso de aforro da eficiencia enerxética; e puxemos en marcha o tique eléctrico social hai uns meses.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.