O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente e secretario do Clúster do Turismo de Galicia, Francisco González López e Cesáreo Pardal, respectivamente, para estudar as fórmulas de colaboración mutua na promoción, difusión e proxección turística nacional e internacional de Galicia, da man das comunidades galegas no Exterior.
Os tres dirixentes destacaron a oportunidade e idoneidade dos centros e casas de Galicia en todo o mundo para esta función, e tamén de destacadas personalidades da Galeguidade universal con amplo recoñecemento nas sociedades de acollida, moitas delas vinculadas no ámbito empresarial a negocios nos sectores de hostalaría e restauración, e que por tanto poden converterse en elementos fundamentais para a boa divulgación de Galicia en todo o mundo.
A misión fundamental desta colaboración será dar a coñecer a Galicia moderna, actual e competitiva, moi nomeadamente nun sector que está a poñer de manifesto a súa importancia, grazas a un relevante esforzo de modernización e profesionalidade. Nas próximas semanas, estudaranse en profundidade as fórmulas concretas para materializar esta colaboración, sempre da man das comunidades galegas no Exterior, con cuxa axuda e cooperación expresa contarase en todo momento para reforzar o papel de promoción exterior de Galicia que xa realizan.
A intención é que, a través deste acordo, se poñan en marcha iniciativas similares á de Galicia, Pórtico Universal, a área expositiva que xa ten percorrido diversas cidades de País Vasco, Cataluña, e Andalucía en España, Alemaña en Europa, e Arxentina en América, e que en todas elas ten conseguido un importante éxito de público, ata superar os 40.000 visitantes o primeiro ano do seu funcionamento, e os 60.000 en 2014, con máis de 1.300 accións especializadas vinculadas á estadía en cada cidade.
O Clúster
O Clúster do Turismo de Galicia promove actividades de colaboración que permitan mellorar a competitividade, a innovación e a internacionalización deste sector. O obxectivo final é potenciar a marca Galicia como destino turístico forte, diferenciado, e situalo a escala global. Está conformado por 48 entidades que agrupan toda a cadea de valor do sector turístico, entre federacións, consorcios e asociacións provinciais e galegas, e que representan o 90% do sector turístico de Galicia, agrupando a un total de 5.913 empresas.
O Clúster constitúese asemade como punto de encontro do sector e fomenta o intercambio de información e experiencias que poidan ser de aproveitamento para todos os axentes implicados, aglutinando os intereses das múltiples asociacións que integran as empresas, servizos e equipamentos turísticos, así como os seus profesionais, nunha única entidade.
O sector turístico constitúe un dos alicerces da economía galega. Segundo os datos do último informe de Impactur, a actividade xerada polo turismo en Galicia ascende a máis de seis mil millóns de euros, o que representa o 10,6% do Produto Interior Bruto e o 11,5% do emprego, cifras que fan do Turismo una das industrias máis potentes na Galicia territorial e un dos sectores que está a xerar emprego en Galicia.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.