Notas de prensa

A película O tesouro de Corcoesto estréase en Bergantiños ante os seus protagonistas

O documental, que relata o conflito entorno á mina de ouro en Corcoesto, presentarase ó público o 7 de febreiro no Pazo da Cultura de Carballo (A Coruña).

O proxecto dunha mina a ceo aberto, que a empresa canadiana Edgewater Exploration pretendía instalar na comarca de Bergantiños, convulsionou á sociedade galega e situou á pequena localidade de Corcoesto no mapa mundial de conflitos ambientais. A sociedade bergantiñán, duramente afectada pola crise, debateuse entón entre as promesas chegadas dende un modelo produtivo-extractivista e o rexeitamento a un proxecto que ameazaba a calidade ambiental do territorio e o seu sistema de vida tradicional.

A polémica atraeu a atención de moitos observadores, entre eles a da directora galega Cora Peña, nome asociado ó documental Apash, los de fuera, un traballo de temática paralela, no que se narraban os impactos da industria extractiva na zona xíbara da Amazonía peruana. Nun escenario máis próximo, e tamén de grande beleza, como a Costa da Morte, a directora repite esquema e ofrece a súa cámara á cidadanía, para relatar temores e resistencias ante o asalto do territorio por parte de empresas multinacionais.

Por mor do controvertido da temática, e para garantir unha mirada e realización independente, a produción do documental apostou por unha financiación alternativa, mediante crowdfunding, acadando o apoio de máis de 180 financeiros, entre persoas e colectivos, que decidiron apoiar, de xeito desinteresado, outra maneira de facer cine.

Tras case dous anos de traballo, Tesouro de Corcoesto está finalizado, e estrearase o próximo 7 de febreiro na localidade de Carballo (A Coruña), capital da comarca protagonista na película. Aquí daranse cita entrevistados, mecenas e colaboradores, nun encontro que selará un proxecto audiovisual de marcado carácter social, o que marcará, sen dúbida, o coloquio que terá lugar trala proxección.

Para acudir ó evento é imprescindible invitación persoal. Debido ó gran número de participantes, dende a organización xa se prevé colgar o cartel de “completo”. Pero este tan só será o primeiro de moitos outros pases dun documental que nace con vocación de máxima difusión e baixo o selo de Creative Commons.

Cora Peña, 2015-02-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES