A directora de Turismo de Galicia comunicou en rolda de prensa que o expositor de Galicia na Feira Internacional de Turismo de Madrid recibiu máis de 70.000 visitantes durante a 35 edición do certame.
Nava Castro destacou que no expositor de Galicia, que contou cunha superficie de preto de 1.000 m2, estiveron representados todos os entes de promoción locais e provincias da Comunidade galega, asà como, o Clúster de Turismo de Galicia.
Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, nesta edición, o gran protagonista do expositor de Galicia foi o Botafumeiro virtual da Catedral de Santiago. “A aplicación virtual deste elemento tradicional e histórico do templo compostelán converteuse nun dos grandes atractivos atraendo a máis de 250 profesionais e numerosos visitantes”, afirmou Nava Castro.
Tal e como sinalou a responsable de Turismo da Xunta de Galicia, no espazo galego houbo tamén cabida para un salón de actos onde se celebraron 30 presentacións das catro provincias galegas, dirixidas aos profesionais do sector e aos medios de comunicación.
Asà mesmo, Nava Castro informou que o expositor de Galicia contou cun total de 18 informadores turÃsticos que atenderon o stand institucional de Galicia na feira distribuindo un total de 200.000 folletos e outro material de promoción de todas as entidades oficiais e privadas que participaron no stand.
En canto á cobertura mediática, Nava Castro sinalou que calcúlase que polo stand de Galicia en Fitur 2015 pasaron arredor de 160 medios de comunicación galegos, españois e internacionais, interesados pola oferta turÃstica galega.
A responsable de Turismo de Galicia destacou tamén o gran éxito do showcooking de cociña galega que ofreceu o expositor no fin de semana no que servÃronse máis de 450 racións.
Gran actividade no espazo de traballo do Clúster de Turismo de Galicia
A directora de Turismo de Galicia destacou que o espazo de traballo habilitado polo Clúster de Turismo de Galicia no expositor contou cunha gran actividade durante os dÃas dedicados aos profesionais. En total xestionáronse en torno a 200 novos contactos que buscaban preferentemente información sobre promoción turÃstica e axencias de viaxe.
Asà mesmo, neste espazo, desenvolvéronse en torno a 250 citas, xestionadas a través de axenda do Clúster del Turismo de Galicia, Turismo de Galicia e distintas empresas do sector, que empregaron as mesas de traballo para desenvolver os seus encontros profesionais. “Neste senso compre destacar que un gran número de contactos foron axencias que buscaban receptivos e en torno ao 10% deles buscaban información especÃfica do Camiño de Santiago”, explicou Nava Castro.
En canto ao perfil dos contactos, abundaron axencias de viaxe, asociacións, empresas vinculadas ao turismo rural e idiomático asà como empresas relacionadas coas novas tecnoloxÃas como realidade aumentada, desenvolvemento de vÃdeos, webs e apps especÃficas para o sector turÃstico.
No relativo á súa procedencia, aÃnda que máis dun 70% procedÃan de España, tamén houbo contactos de carácter internacional, procedentes de EE.UU, China, Madagascar ou Corea, por citar algúns exemplos.
“Sen dubida, Fitur 2015 foi todo un éxito para Galicia e estamos seguros de que froito deste gran traballo continuarán incrementándose neste ano que comezou o número de turistas que escollen como destino Galicia”, concluÃu a directora de Turismo de Galicia.
Actos de gran Ãndole para o sector turÃstico galego
A directora de Turismo de Galicia destacou que, xunto a estas intervencións, Turismo de Galicia estivo presente noutros actos de gran Ãndole.
Deste xeito, Turismo de Galicia participou na entrega dos Premios Excelencias TurÃsticas onde Turismo de Galicia foi galardoado pola campaña “De Tapas por Galicia” como promotor do turismo urbano, na entrega das Bandeiras Estacións Náuticas, onde Sanxenxo recibiu a dita distinción, no acto de entrega dos premios SICTED, no cal Baiona recibiu o terceiro premio ao “Mellor Destino Sicted 2014”, ou na entrega anual dos diplomas Q de Calidade TurÃstica, onde Galicia consolidouse un ano máis á fronte da clasificación de distintivos Q de calidade para instalacións náutico recreativas, ao contar con trece das 20 recoñecementos a nivel estatal, entre outras actividades de gran interese para a comunidade galega.
Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañÃas Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxÃas e incorporará sistemas hÃbridos de almacenamento con baterÃas e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.