
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o stand de Galicia na Feira Internacional do Turismo 2015 (FITUR), onde participou na presentación da iniciativa Smart Camiño, que organiza o Goberno galego a través da Axencia Turismo de Galicia.
Rueda destacou que o actual Executivo autonómico apostou desde o primeiro momento polas novas tecnoloxías e as posibilidades que ofrecen para o futuro da nosa comunidade, especialmente dentro do ámbito do turismo, que supón un 10 por cento do PIB galego e o 11 por cento do emprego en Galicia.
Con ese obxectivo, a Xunta puxo en marcha o Plan Smart Turismo, para impulsar a modernización e a competitividade do sector a través das TIC. Un dos piares deste Plan é o proxecto Smart Camiño, un bo exemplo de acción baseada no fomento do talento e o aproveitamento das novas tecnoloxías.
Este proxecto adapta o Camiño de Santiago ao século XXI e aumenta a calidade da experiencia, ao por a disposición dos peregrinos unha aplicación móbil que lles permite ir recibindo información a medida que avanzan cara a Compostela.
Así, por exemplo, esta app advirte aos camiñantes das oportunidades turísticas e comerciais de cada lugar por onde pasan, oriéntaos sobre cambios meteorolóxicos e informa de albergues próximos ou eventos que coincidan co seu paso. En definitiva, Smart Camiño trata de responder ás novas demandas con novas solucións, abrir novos mercados e conectar -neste caso literalmente- Galicia cos seus visitantes.
Desde que o actual Goberno galego tomou posesión tivo claro que as novas tecnoloxías tiñan que xogar un papel fundamental na súa acción de goberno. En consecuencia, despois dun análise e estudo detallado, a mediados do ano 2010 aprobou a Axenda Dixital de Galicia, que despois de catro anos guiando á Xunta, vaise renovar neste 2015.
A través desta Axenda, introducíronse importantes melloras na eficiencia da propia administración e dos servizos públicos, potenciouse o desenvolvemento do sector económico ligado ás TIC e definíronse medidas para que estas, ademais dun sector económico en si, sexan o motor de cambio do resto de sectores produtivos, como por exemplo o turismo, tal e como quedou de manifesto.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.