Notas de prensa

Acórdase equiparar as bolsas de prácticas en ensino artístico aos graduados

A Consellería de Cultura e Educación acorda coa Fundación Empresa-Universidade Galega que as bolsas de formación práctica para titulados en ensinanzas artísticas superiores teñan as mesmas condicións que as dos graduados universitarios, o que beneficia a Conservación e Restauración de Bens Culturais, en Arte Dramática e en Música.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), Javier F. Pereiro, asinaron unha addenda ao convenio de colaboración entre ambas institucións polo que lles recoñece aos titulados en ensinanzas superiores artísticas as mesmas condicións que aos graduados universitarios á hora da concesión de bolsas de formación práctica.

Esta addenda enmárcase dentro do acordo subscrito en 2012 para titulados universitarios e de formación profesional, que en 2013 foi ampliado aos titulados en ensinanzas artísticas e deportivas e que agora mellora as condicións dos titulados en ensinanzas superiores de Deseño, en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, en Arte Dramática e en Música, xa que recibirán as axudas en igualdade de condicións que os graduados universitarios. Trátase, por tanto, que as persoas tituladas nestas ensinanzas –que veñen de acadar o nivel de grao por parte do Ministerio- teñan acceso ao programa de bolsas de formación de FEUGA nos mesmos termos que os establecidos para o resto das titulacións de grao.

Segundo explicou o conselleiro, Xesús Vázquez Abad, esta iniciativa ten como principal finalidade “proporcionar aos novos titulados maior formación e cualificación práctica co fin de facilitar a súa inserción laboral”. O conselleiro dixo que acordos coma este ratifican a aposta do departamento que dirixe coa formación dos estudantes galegos, ofrecéndolles ferramentas axeitadas para a súa inserción laboral.

O número de beneficiados deste programa de bolsas (incluídos tamén FP, Artísticas e deportivas) ata o de agora foi de 1.088, dos cales 431 no ano 2013 e 657 no ano 2014.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-01-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES