Notas de prensa

O BNG insta a Fomento a aumentar os servizos ferroviarios no Eixo Atlántico A Coruña-Vigo

As deputadas do BNG presentaron pregunta parlamentar na que critican que Renfe reste impotanza ao feito de que viaxen numerosas persoas de pé no A Coruña-Vigo os venres e os domingos.

As deputadas do BNG no Congreso, Rosana Pérez e Olaia Fernández Davila, presentaron unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para demandarlle ao Ministerio de Fomento que aumente os servizos ferroviarios no corredor do Eixo Atántico entre A Coruña e Vigo, para atender a alta demanda existente, especialmente os venres e domingos.

As parlamentares do BNG critican a saturación que sofre os servizos ferroviarios no Eixo, A Coruña-Vigo, días como os venres e os domingos cando máis viaxan os estudantes universitarios que realizan os seus estudos nos campus de Pontevedra, A Coruña, Vigo ou Santiago. “Son numerosas as imaxes que circularon estes días polas redes sociais e medios de comunicación, con vagóns atestados de persoas, moitas delas de pé, sentadas no chán ou nos corredores do tren. Unha saturación que leva a deixar a equipaxe solta por todas partes, bloqueando portas ou corredores”.

“Señora Ministra, atendan a alta demanda existente con máis servizos, máis prazas e máis frecuencias”.

“Incluso en moitas ocasións non queda espazo para transitar polos trens, até tal punto de que nin siquera pasan os revisores”, sinalan as deputadas do BNG.

As deputadas do BNG critican os argumentos que oferece Renfe porque “as explicacións da compañía non nos convencen porque, como é habitual, sitúanse no inmovilismo”. Reprochan a Renfe que diga que non hai problemas de seguridade, e sorprende que “nun territorio como Galiza que non ten servizos de cercanía, Renfe equipare os servizos de media distanza cos de proximidade ou cos autobuses urbanos para xustificar o inxustificábel”.

Ademáis, acusan a Renfe de non ter en conta as condicións socio-económicas dos viaxeiros, neste caso estudantes, cando alega que “so viaxeiros poden garantir o seu asento adquirindo billetes con Tarifa 4, que só vende prazas sentadas pero obvia un “detalle”, que son máis caros. Os de Tarifa 2, máis baratos son os trens que realizan máis paradas e que probabelmente atenden mellor as necesidades dos usuarios que viaxan a diferentes puntos”.

As explicacións de Renfe non son convincentes

Para as parlamentares nacionalistas os argumentos de Renfe “son pouco convincentes”. Primeiro, porque non caben as equivalencias entre trens de media distanza e os de cercanías. Os de proximidade contan con máis frecuencias horarias”. En segundo lugar, “emprazar a estudantes universitarios a mercar billetes de Tarifa 4 para asegurar os asentos é non entender o mundo económico dos universitarios”. “Son estudantes non brókers da bolsa”.

As deputadas do BNG reclaman a Renfe que aposte polo tren na Galiza, que incremente os servizos ferroviarios con máis frecuencias horarias ou poñendo trens de doble composición no corredor entre Vigo e A Coruña para ter máis prazas. E recrimina a Fomento que reste importanza á seguridade cando moitas persoas viaxan de pé e coa equipaxe por todas partes. “De verdade, cre a compañía que é seguro viaxar en liñas de media distanza nesas condicións? Por que non atende a alta demanda existente?”.

Por iso, insta a Fomento a “tomarse en serio a situación do mapa ferroviario en Galiza e implicarse na súa mellora e na súa potenciación?”.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2015-01-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES