O novo xogo xigante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en colaboración con Sogama Un partido polo planeta circulará os próximos meses por preto de medio cento de colexios de distintos puntos de Galicia, tanto de primaria como de secundaria, que participaron nas tres últimas edicións do programa educativo Recíclate con Sogama, canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia e que ten por obxecto promover a recollida selectiva de residuos no ámbito escolar, proporcionando os recursos e a formación necesaria.
Serán os profesores coordinadores desta iniciativa en cada centro os encargados de dirixir e organizar a actividade, que en todo caso ten como fin último contribuír a que pequenos e mozos colaboren na consecución dun mundo mellor, máis habitable e saudable, e, por suposto, máis limpo.
O xogo aposta e prima a parte pedagóxica cun xeito sinxelo, pero sen esquecer a diversión e o entretemento. En formato xigante, pode desenvolverse en diversos espazos e escenarios, toda vez que a súa estrutura e composición física así o permite. De feito, está conformado por pezas ecolóxicas, resistentes e lixeiras, ademais de doadamente montables e transportables.
Como na maioría dos soportes lúdicos, proclamarase gañador o equipo que antes chegue á meta, pero para iso debe superar satisfactoriamente diversas habilidades e probas de coñecementos en materia de medio ambiente que foron adaptadas aos diferentes niveis educativos.
É o caso de E ti que sabes?, sección coa que se busca indagar na aprendizaxe dos nenos a través da combinación de respostas correctas con algunhas outras disparatadas.
A través de Saltas á pista apóstase por un maior dinamismo, xa que os escolares deben dar boa conta do seu talento e aprendizaxe a través de áreas tales como o debuxo, a interpretación, as adiviñanzas e a axilidade mental.
Encesta no contedor é outro dos apartados que conforman o xogo e onde, servindo de guía os residuos debuxados nunha serie de cartas, os xogadores deben saber en que contedor específico teñen que ser depositados.
Filosofía
A filosofía que impregna esta iniciativa é conseguir que os alumnos cheguen a tomar conciencia de que son parte dun equipo (a cidadanía) e que cada un deles é parte da solución, sendo o seu labor, tanto individual como colectivo, fundamental para a protección e coidado do medio ambiente.
Ademais de todo isto, a través deste soporte trabállanse valores tales como o compañeirismo, a complicidade, a empatía, a convivencia, o respecto e a solidariedade.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.