
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de abrir unha nova liña de actuación para apoiar a celebración de grandes congresos universitarios nos sete campus galegos, a través da sinatura dun convenio no que cada universidade incluirá os eventos máis relevantes por orzamento, número de participantes e repercusión sobre a cidade na que se realiza. Así o explicou o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, na presentación das XXV Xornadas Hispano-lusas de Xestión Científica, as primeiras que se acollen a esta liña de apoio.
O obxectivo desta nova actuación de soporte ao Sistema Universitario de Galicia (SUG) é favorecer o desenvolvemento de grandes eventos destas características, tanto polas oportunidades académicas que ofrecen como para favorecer os beneficios do turismo de congresos en Galicia. A intención da Consellería consolidar esta liña de actuación posto que repercute de xeito indiscutible creando riqueza para a cidade sede do evento e no aumento do prestixio para a universidade que o organiza.
A XXV Xornadas Hispano-lusas de Xestión Científica celebraranse no campus de Ourense da Universidade de Vigo os vindeiros 5 e 6 de febreiro, e reunirán a 300 congresistas arredor de máis de 250 proxectos de investigación. O obxectivo deste congreso é promover e a colaboración en proxectos de ensino e investigación entre universidades españolas e portuguesas, servindo como espazo para o intercambio de ideas en diversos campos e áreas de xestión científica. A ampla traxectoria do congreso, que celebra o seu 25 aniversario este ano, e o seu prestixio supoñen unha grande oportunidade para o Sistema Universitario de Galicia, especialmente pola veciñanza con Portugal, que abre infinitas posibilidades para o establecemento de sinerxías.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.