A deputada do BNG, Rosana Pérez, xa presentara no pasado mes de xullo unha proposición non de lei sobre este tema para que o Ministerio ampliase o universo de beneficiarios dos novos fármacos contra esta enfermidade, ademáis de plantexar outras cuestións relacionadas con medidas preventivas. Unha proposición que foi rexeitada polo PP no pasado mes de decembro.
Lembra Rosana Pérez que cos requisitos estabelecidos polo Ministerio, este ano 2015 só poderán acceder a estos tratamentos unhas 4.000 persoas cando o universo de afectados supera os 30.000 segundo estimacións de profesionais sanitarios. A deputada do BNG quer que o Ministro compareza sobre esta cuestión e atenda as demandas dos afectados e afectadas.
O Ministerio debe negociar á baixa o custe do sofosbuvir
Outro flanco que salienta a deputada do BNG é o alto custe económico do sofosbuvir e que o Ministerio debería continuar a negociar á baixa coa farmacéutica porque está claro que é un abuso en toda regla e está a actuar cunha usura comercial inmoral. Asemade, a deputada do BNG considera que o Ministro debería dialogar coas asociacións de enfermos afectados polo virus da hepatite C, con expertos sanitarios e plataformas de defensa da sanidade pública para abordar esta situación con rigor e seriedade e velando sempre polos intereses dos enfermos e enfermas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.