Notas de prensa

A Xunta destina preto dun millón de euros a 62 entidades sociais de Galicia

Alfonso Rueda visitou Down Galicia onde lembrou que a Xunta destina este ano preto de 900.000 euros a 62 entidades sociais. Down Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro creada no ano 1998 e que agrupa a 8 entidades membros, con máis de 600 afliados. A Xunta destaca a importancia das axudas ás entidades sociais que apoian a mulleres en especial vulnerabilidade.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, visitaron a sede de Down Galicia, acompañados polo presidente da Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (DOWN GALICIA), Delmiro Prieto González, e polo presidente de Down Compostela, Juan Jesús Martinez López, onde o vicepresidente da Xunta reiterou a importancia das axudas ás entidades sociais que apoian a mulleres en situacion de especial vulnerabilidade.

Alfonso Rueda lembrou que a Xunta destina este ano preto de 900.000 euros a 62 entidades sociais con programas específicos dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, así como programas de apoio a mulleres xestantes e lactantes, nas que as beneficiarias destas axudas son anciáns soas, mulleres con discapacidade, inmigrantes, vítimas de violencia de xénero e mulleres xestantes e lactantes.

Dende o ano 2009 a S.X. da Igualdade subvencionou a DOWN GALICIA con 114.296 euros dos que na convocatoria de axudas deste ano Down Galicia, recibeu polo seu proxecto presentado, máis de 27.000 euros, para o Proxecto de información, asesoramento e orientación laboral para mulleres con discapacidade intelectual ocupadas, desempregadas e/ou en mellora de emprego; e para o Programa de investimento en novas tecnoloxías.

O Proxecto de información, asesoramento e orientación laboral para mulleres con discapacidade intelectual ocupadas, desempregadas e/ou en mellora de emprego ten coma obxectivo facilitar ás mulleres destinatarias deste proxecto os apoios e recursos necesarios para mellorar a capacidade e posibilidade de ocupación e inserción laboral das mulleres desempregadas e/ou en mellora de emprego, así como de favorecer o mantemento do seu posto de traballo naquelas destinatarias ocupadas. O total de mulleres con discapacidade beneficiarias do programa é de 145, sendo as beneficiarias directamente imputables con cargo á axuda da Secretaría Xeral da Igual dade un total de 51 mulleres con discapacidade intelectual ocupadas, desempregadas ou en mellora de emprego localizadas en distintos puntos da Comunidade Autónoma de Galicia.

No marco do Programa de investimento “Novas tecnoloxías para o movemento Down Galicia”, o obxectovo é ,mellorar o equipamento tecnolóxico necesario, para optimizar ao máximo as posibilidades que a sociedade da información ofrece, e que fará que redunden directamente en favor das persoas coa síndrome de Down, as súas familias, persoas voluntarias e persoas profesionais do movemento Down Galicia.

A Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down é unha entidade en ánimo de lucro creada no ano 1998 e que agrupa a 8 entidades membros: Down Compostela, Down Coruña, Down Ferrol, Down Lugo, Down Pontevedra, Down Vigo, Down Ourense e a Fundación Down Compostela, e que a día de hoxe conta en Galicia con 603 persoas afiliadas

Axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas específicos dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade
O pasado mes de novembro a Secretaría Xeral da Igualdade publicaba no DOG a resolución das axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas específicos dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, así como programas de apoio a mulleres xestantes e lactantes, que destinaba preto de 900.000 euros a 62 entidades

En total, destínanse 870.183,66 euros -cofinanciados por fondos comunitarios FSE e FEDER- a 62 entidades. Destas, 26 son da provincia da Coruña, cunha contía total de 435.627,10 euros; 13 son entidades da provincia de Pontevedra, cunhas axudas totais de 126.163,80 euros; 13 entidades da provincia de Ourense, cunha contía concedida de 130.347,26 euros; e 10 de Lugo que obteñen 178.045,50 euros.

A través destas axudas apóianse actuacións como o mantemento de centros de atención especializada a mulleres -centros de acollida, centros de día- nos cales se ofrece asistencia básica e programas de apoio ás mulleres que se encontran en situacións de especial vulnerabilidade; así como o desenvolvemento de recursos integrais específicos para mulleres xestantes e/ou lactantes con fillas/os menores de tres anos, que conteñan actuacións de información, acompañamento social ou orientación, entre outras.

Os colectivos beneficiarios dos programas desenvolvidos ao abeiro desta convocatoria son grupos de mulleres en situación de exclusión especial; mulleres en situación de risco ou en proceso de exclusión social, tales como reclusas ou drogodependentes; mulleres en situación de especial protección, como anciáns soas, mulleres con discapacidade, inmigrantes ou pertencentes a minorías étnicas; e vítimas de violencia de xénero.

O ano pasado, as entidades de iniciativa social beneficiarias atenderon a preto de 3.000 mulleres, fundamentalmente a través de programas relacionados coa atención a mulleres vítimas de violencia de xénero, programas de apoio a mulleres con discapacidade, inserción laboral de reclusas e ex-reclusas ou de acompañamento a mulleres inmigrantes; por citar algún exemplos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-01-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ítaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES