O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, explicou no Parlamento de Galicia que o seu departamento considera unha aposta pola autonomía universitaria a proposta do Ministerio de Cultura, Educación y Deporte de que as universidades poidan fixar a duración dos seus plans de estudos. Desta forma ábrese a porta a que, de forma voluntaria, poidan acollerse ao modelo de grao de 3 anos + máster de 2, o maioritario en Europa tras a implantación do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). De feiro, nos casos nos que non se aplica este modelo, existe flexibilidade, existindo modelos 3+1 ou 3+25, entre algúns exemplos. Ademais, segundo indicou Vázquez Abad, o Ministerio entende que titulacións de grao reguladas como habilitantes para o exercicio profesional (ex. Enxeñerías) poden seguir contando con 240 créditos en grao máis o máster correspondente.
Neste sentido o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia recordou que a ministra socialista Mercedes Cabrera obrigou no 2007 ás universidades a ofrecer titulacións de 4+1. Nada importaba que iso significase separarse de Europa, lamentou, explicando que informes da Comisión europea sobre o Plan Boloña demostran que o modelo de grados de 180 ECTS (3 anos) é maioritario en 25 países europeos da nosa contorna (exclusivo por exemplo en Francia), mentres que o de 240 ECTS (4 anos) predomina en 13 (exclusivo por exemplo en Turquía). Só 6 países teñen un modelo ríxido de grao.
Así mesmo o conselleiro salientou os beneficios que tería a homoxeneización coa tendencia maioritaria dos países europeos que integran o EEES, facilitando a mobilidade do estudantado, algo que hoxe se ve dificultado polo modelo español.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.