O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse aos Premios da Cultura Galega como a proba de que a nosa é unha cultura madura, con proxectos e traxectorias que se van decantando no tempo, con iniciativas que xorden do país e retornan ao país para enriquecelo.
Durante a súa intervención, o responsable do Executivo autonómico recoñeceu que, repasando a lista dos premiados nesta cita, é doado atopar un denominador común: a continuidade. A literatura de Xosé Neira Vilas componse de numerosas etapas vitais que van deixando a súa pegada en libros inmorredoiros. Se hai un gran escaparate que, durante todos estes anos, mostrou o mellor da nosa creatividade e o mellor de todos os que viñeron a compartir a súa, chámase Galería Trinta. No ano de 1975 xa atopamos na farándula a Cándido Pazó, convertido hoxe nun dos reis da nosa escena. O Grupo Marcelo Macías fúndase en 1941 e aínda lle dura o pulo para pescudar na nosa arqueoloxía, antropoloxía e historia, salientou.
Así mesmo, subliñou que o Centro Pen Galicia cumpre 25 anos, sempre teimando na difusión internacional dos autores galegos. A vila de Ortigueira verá nacer no xa alongado 1978 o Festival Internacional do Mundo Celta. As orixes da eclosión do audiovisual galego atópanse na constitución de Agapi; hai vinte anos. O
Ademais do anhelo de continuidade, Feijóo destacou outra característica dos premiados: O desexo de que a cultura galega estea no mundo, e que o mundo estea na cultura galega. Arelas de universalidade. Transcender o tempo e tamén transcender o espazo, dixo, ao que engadiu que, se ben a historia ten un cemiterio cheo de culturas que pereceron por basearse en obras efémeras, ou por erguer muros presuntamente protectores contra o alleo, a nosa está en pé.
Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta fixo fincapé na Cultura como nexo de unión. E, neste sentido, afirmou que tamén se precisa das mulleres e homes da cultura galega, xa que vostedes aseverou- teñen un inmenso creto no noso pobo. Son unha referencia nun tempo que precisa modelos aos que seguir e admirar. Ningún galego se sinte alleo a Martín Codax, Rosalía ou Castelao. Non hai galego que non fose Balbino, o protagonista das
O presidente da Xunta concluíu incidindo en que cultura e liberdade forman en todos os pobos do mundo unha forza formidable: Tamén en Galicia, onde a pedra da
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.