Notas de prensa

Nadal en Galicia 2014: Inaugúrase o belén da Catedral de Santiago de Compostela

Un belén tradicional de 55 metros cadrados e máis de 550 pezas decoradas, realizadas e talladas a man de forma artesanal que poderá visitarse ata o 7 de xaneiro. De maneira pioneira, Turismo de Galicia realizou un programa conxunto para a celebración do Nadal en Galicia que con numerosas actividades tradicionais e novidades posiciona a nosa comunidade como destino turístico á altura das grandes cidades.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, e o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, inaugurou o Belén da Catedral de Santiago, un dos principais reclamos turísticos de Galicia para o Nadal.

Dende o venres, 5 de decembro, a Catedral de Santiago acolle este belén tradicional de 55 metros cadrados, que neste primeiro fin de semana xa atraeu a millares de turistas e que poderá visitarse ata o vindeiro 7 de xaneiro.

As máis de 550 pezas que compoñen este espectacular Belén están decoradas, realizadas e talladas a man de forma artesanal por destacados imaxineiros do mundo do Belén. A escenografía, realizada “in situ”, componse, principalmente, de materiais naturais como madeira, vexetación e cortiza de sobreira.

Xunto ás escenas máis tradicionais como o nacemento, a chegada dos Reis Magos ou a anunciación dos pastores, o Belén mostra diversos acontecementos da vida cotiá e oficios.

O dito Belén comezouse a construír no ano 2006, tardando dous anos na súa elaboración, montándose por primeira vez no Nadal do 2008 en Madrid. Durante estes anos, foi exhibido en distintos lugares, cun grande éxito e afluencia de público. Para a súa exposición na Catedral de Santiago, incluíronse novos elementos arquitectónicos e novas escenas que fan do Belén da Catedral unha mostra única. As figuras da parte exipcia, realizáronse en exclusiva para esta ocasión, así como algunhas concretas da parte hebrea.

“O Belén da Catedral sorprenderá a todos os visitantes polo seu traballo artesanal de gran detalle e as súas coidadas estruturas, así como polo seu gran tamaño, atraendo a numerosos turistas de todo os puntos do país a nosa comunidade durante esta festividade”, afirmou a directora de Turismo de Galicia.

Nava Castro, sinalou durante o acto de inauguración que o Belén da Catedral amplía e enriquece a gran tradición belenística que atesoura Galicia.

Programa “Nadal en Galicia”

De maneira pioneira Turismo de Galicia realizou este ano un programa conxunto para a celebración do Nadal en Galicia que posiciona a nosa comunidade como destino turístico durante esta festividade á altura das grandes cidades.

Entre as numerosas actividades tradicionais e novidades do programa destaca unha gran oferta belenistica. Ademais do Belén da Catedral, o Belén artesanal en movemento de Valga, en Pontevedra, e o Belén electrónico de Begonte, en Lugo, declarados Festas de Interese Turístico de Galicia, son algúns dos grandes protagonistas do Nadal en Galicia. Ademais a nosa comunidade conta con recoñecidos beléns históricos entre os que podemos destacar: o belén da Grande Obra de Atocha, o belén do Liceo en Betanzos, o belén da Orde Terceira en Ferrol, o belén de Viveiro ou o belén do escultor Arturo Baltar.

As cidades tamén verán aumentar o seu número de visitantes este Nadal grazas aos mercados de lecer das catro provincias de Galicia que convértense nun forte reclamo turístico e unha das motivacións principais a hora de escoller destino durante esta festividade. Entre eles, este ano destaca o Mercado da Quintana, que, por primeira vez, celebrarase na céntrica praza compostelá do día 12 de decembro ao día 5 de xaneiro. Nel, artesáns, produtores, comerciantes e restauradores exhibirán e venderán os seus produtos, pezas e coleccións de decoración e produtos de Nadal nunha escenografía que imitará unha rúa comercial de estética afín á arquitectura tradicional galega.

Tamén a artesanía será protagonista este Nadal en Galicia. A exposición de xoiería “Bosques de Prata” en Santiago de Compostela ou a mostra de artesanía do Nadal en Ourense son algunhas das grandes citas. Ademais Galicia ofrece este Nadal un amplo conxunto de actividades culturais que inclúen música, teatro, xogos, obradoiros, concursos, etc. Como o “Nadal no Gaiás 2014” ou o espectáculo do Centro Dramático Galego “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”,

Outro dos reclamos para este Nadal é a exposición ‘‘Francisco. Estrela e Camiño”, enmarcada no VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, que poderá visitarse ata o día 11 de xaneiro no Convento de San Francisco.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-12-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES