Notas de prensa

Nadal en Galicia: o presidente da Xunta pregona a XLIII edición do Belén Electrónico de Begonte

Alberto Núñez Feijóo lembra que desde o 23 de outubro, a “Festa do Belén electrónico de Begonte é xa unha protagonista obrigada na lista de 108 Festas de Interese Turístico de Galicia”. Destaca o carácter especial do Belén de Begonte con máis de 40 anos de existencia, trascendendo o relixioso para formar parte do valor patrimonial galego.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou a XLIII edición do Belén electrónico de Begonte. Alí aproveitou para ratificar, “para este 2015”, o compromiso da Xunta de seguir traballando “por consolidar ese camiño da recuperación e da mellora das condicións de vida de todos os galegos e galegas”. Deste xeito, o mandatario galego gabou o comportamento de “todos os galegos” que “estamos dando exemplo de como sabemos construír entre todos unha Galicia máis próspera e solidaria”.

Na súa intervención, Feijóo destacou o carácter especial do Belén de Begonte que converte “un acontecemento ocorrido a miles de quilómetros de distancia e miles de anos atrás no tempo” nun “acontecemento próximo e rodeado de elementos da nosa vida cotiá”. Por este motivo, dixo o presidente, “transcende o meramente figurativo para converterse case nunha pequena mostra de como é o noso país”.

O Centro Cultural José Domínguez Guizán acolle o Belén begontino do que o titular da Xunta salientou que ao longo dos seus máis de 40 anos de existencia, xa se converteu nun gran referente vital para todos nós”. Do mesmo xeito enxalzou a súa tradición como “un fenómeno que traspasa o seu carácter relixioso para formar xa parte do noso patrimonio cultural”.

O presidente recordou algúns dos exemplos galegos da tradición belenística “de gran valor artístico e histórico” como o Belén Artesanal de Valga, a Grande Obra de Atocha na Coruña, o de Betanzos, o da Orde Terceira En Ferrol ou o de Arturo Baltar en Ourense.

Festa de Interese Turístico de Galicia

NotaO 23 de outubro o Consello da Xunta aprobou a declaración do Belén de Begonte como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Neste sentido, o xefe do Executivo galego destacou algunhas das súas calidades como “a súa antigüidade, o seu arraigamento popular, o seu valor cultural, a afluencia de visitantes, a súa calidade e a súa creatividade”, valores todos eles, que contribuíron a que a “Festa do Belén electrónico de Begonte sexa xa unha protagonista obrigada na lista de 108 Festas de Interese Turístico de Galicia”.

Recordo para o seu creador

Durante o seu relatorio, Feijóo lembrou que “a magnífica montaxe que hoxe podemos observar é o resultado da constante dedicación de José Rodríguez Varela” que este ano contará cunha figura del mesmo representada no Belén de Begonte”.

“Non podo imaxinar unha homenaxe mellor para Joselín que formar parte da súa obra e devolverlle, polo menos, unha pequena parte do legado que deixou a Galicia”, engadiu.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-12-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES