O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, na rolda de prensa do Consello, que a carteira de servizos de familia incorpora a posibilidade de atención nocturna, nas casas niño e no servizo de axuda no fogar para a infancia. Destacou estas medidas supoñen un xiro no modelo de atención tradicional, pois deixan de centrarse nos equipamentos para poñer o acento na prestación de servizos.
Coñeceuse o borrador do decreto que regula a nova carteira de servizos de infancia, familia e adolescencia, que comezará a aplicarse ao longo do primeiro semestre de 2015. Feijóo lembrou que o modelo de carteiras na prestación de servizos sociais que está a impulsar a Xunta permite deseñar e combinar os recursos á medida das necesidades das persoas, buscando unha atención máis ampla, diversa e innovadora.
Trátase de ampliar o catálogo de servizos sociais públicos coa optimización dos recursos e as infraestruturas existentes, aseverou o titular do Goberno galego, ao que engadiu que dentro deste novo modelo xa se publicou a carteira de servizos de atención á dependencia, que entrou en vigor hai un ano, e xa se está traballando na carteira de servizos de inclusión e na de servizos para persoas con autonomía.
Máis polo miúdo, Feijóo salientou que a carteira de servizos de familia busca modificar o modelo de atención tradicional, deixando de basearse en equipamentos e centrándose en cada un dos servizos que se poden levar a cabo neles. Deste xeito, e se cumpre os requisitos necesarios, cada instalación poderá prestar máis dun recurso: Por exemplo, unha escola infantil non ten por que limitarse a escola infantil se está capacitada e ten posibilidades de prestar tamén servizos de ludoteca ou de formación e orientación a pais e nais.
O presidente da Xunta incidiu en que o obxectivo é buscar ser máis eficiente e, ao tempo, ofrecer un mellor servizo e lograr un maior nivel de personalización ao diferenciar os recursos en función do colectivo ao que van dirixidos.
Nesta liña, a carteira estrutúrase ao redor de dous eixos: a área de servizos xerais, para familias sen necesidades especiais; e a área de servizos específicos, na que se inclúen familias numerosas, familias monoparentais, con persoas maiores ou con discapacidade ao cargo, familias adoptantes, menores en situación de risco ou desamparo e menores infractores. En todos eles recóllese a definición do servizo, o contido mínimo e as prestacións que debe conter.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.