Notas de prensa

O presidente da Xunta de Galicia, pregoeiro do Nadal de Begonte 2014

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, será o encargado de pronunciar, o 5 de decembro, o pregón do Nadal en Begonte que celebra a XLIII edición do Belén Electrónico da localidade lucense. Declarado pola Xunta como Festa de Interese Turístico Galego, a inauguración do Belén de Begonte contará coa actuación do Orfeón Lucense.

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pronunciará o
Pregón do Nadal en Begonte o próximo cinco de decembro, venres, ás seis da tarde, no salón de actos do Centro Cultural José Domínguez Guizán.

Os actos desta xornada inaugural do Nadal begontino darán comezo ás cinco
da tarde na igrexa parroquial de Begonte, cunha misa polos socios e amigos
do Belén falecidos, que será cantada polo Orfeón Lucense, coro da Catedral
de Lugo que dirixe Marcos Fernández Mosquera.

No acto do pregón, o Orfeón interpretará un breve recital de panxoliñas.
Ao remate deste, o Presidente da Xunta e autoridades e público presentes
inaugurarán a XLIII edición do Belén electrónico de Begonte, e procederán á
reapertura do Museo do Belén que leva o nome do seu creador, “José
Rodríguez Varela”.

Con este acto comeza o tempo de “O Nadal en Begonte”, que rematará a
finais do próximo mes de xaneiro, cun conxunto de actividades que xiran
arredor do Belén Electrónico begontino, que ven de ser declarado polo
Consello da Xunta de Galicia como Festa de Interese Turístico Galego.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias

Xulio Xiz (vicepresidente do Belén de Begonte), 2014-11-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES