Notas de prensa

Declaración institucional da Xunta no Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A violencia machista é un problema público e social de primeira magnitude, constitúe o máis cruel expoñente da falta de igualdade da nosa sociedade e un dos ataques máis flagrantes aos dereitos fundamentais das persoas, como son a liberdade, a igualdade, a vida, a seguridade e a non discriminación, según a Constitución e o Estatuto.

O martes, 25 de novembro de 2014, conmemórase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de xénero.

Todos os poderes públicos temos a obriga de adoptar as medidas necesarias para facer reais e efectivos estes dereitos.

A violencia de xénero maniféstase de moi diversas formas, en todas as culturas e países, en todas as clases sociais e en todas as idades. Así o reflicten as estatísticas, que mostran unha pequena parte, pero grave, da magnitude total da violencia exercida contra as mulleres, polo mero feito de selo.

O Goberno galego, con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, quere facer especial fincapé , por un lado na poboación máis nova, que parece estar reproducindo de maneira preocupante un sexismo e uns estereotipos de xénero que criamos erradicados, e por outro lado, nas mulleres de máis de 65 anos que están a sufrir violencia de xénero, e nas que as situacións de convivencia prolongadas co agresor levan a cronificar e normalizar esas situacións.

Dende a Xunta de Galicia estamos convencidos e convencidas de que a familia e a escola son os dous ámbitos de socialización que máis inflúen na aprendizaxe das persoas, e polo tanto é nestes ámbitos onde se debe traballar a prevención de actitudes sexistas e discriminatorias, así como fomentar a reflexión sobre os roles e os valores que rexen na sociedade.

O compromiso da Administración é articular unha resposta global fronte á violencia de xénero, en calquera das súas modalidades e consecuencias, a través dunha asistencia integral ás mulleres vítimas, aos seus fillos e fillas e a outras persoas que estean ao seu cargo, así como fortalecer a prevención para avanzar na paulatina redución desta miserable lacra social ata a súa completa erradicación.

As medidas serán insuficientes mentres unha muller viva baixo o medo e a falta de liberdade que iso supón e, calquera balance será negativo mentres haxa unha soa muller asasinada por esta causa, xa que iso significa que non viviremos nin gozaremos dunha sociedade verdadeiramente democrática, que poida vivir libre e en igualdade.

Rematar coa violencia de xénero é para o Goberno galego unha prioridade e un deber de xustiza coas vítimas e con toda a sociedade.

A Xunta incide na importancia que ten a educación para erradicar calquera forma de violencia

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella destacou a importancia que ten a educación para erraradicar calquera forma de violencia, e incidiu que o respecto, a liberdade e a igualdade son tres dos piares básicos que deben estar sempre presente na formación dunha persoa.

Susana López Abella asisitu no Parador de Baiona á inauguración da “Xornadas de información sobre agresións sexuais” enmarcada no Programa Irene, de Información, Formación e Prevención da Violencia sexual en xóvenes e adolescentes, a través dun convenio de colaboración entre o Instituto da Muller e o Concello de Baiona.

A titular de Igualdade fixo especial fincapé en que calquera acción que intente forzar ou manipular decisións persoal é un ataque directo á liberdade e a integridade dunha persoa.

López Abella lembrou que hoxe conmemorase o Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres e indicou qu non convén esquecer que esta violencia ten moitas formas, e unha desas, a que atenta particularmente contra a liberdade e a dignidade das mulleres, é a das agresións sexuais, tal e como aparece recollido na Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero do ano 2007.

E, ao igual que a violencia de xénero que se expresa mediante o maltrato, esta violencia hai que combatila con medidas de seguridade pero tamén, e ante todo, con medidas preventivas e con medidas educativas.

Segundo palabras da Secretaria Xeral, todas estas formas de violencia de xénero aliméntanse dos mesmos problemas de valores, dos mesmos estereotipos caducos e dos mesmos mitos enganosos e que desgraciadamente a poboación máis nova parece estar reproducindo de maneira preocupante ese sexismo e eses estereotipos de xénero que criamos erradicados, polo que recalcou que é fundamental rachar cos estereotipos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-11-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES