O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou a que será a primeira Rede Galega de Formación Profesional de Hostalaría, unha iniciativa que enmarca aos 8 centros públicos da nosa Comunidade especializados nesta familia profesional co fin de crear un espazo vivo e dinámico de intercambio de experiencias e de innovación. Desta forma procúrase, ademais, impulsar a calidade de actividades produtivas estratéxicas para Galicia como son as de Restauración, Aloxamento e Servizos, estreitamente vencelladas ao turismo, eido tamén de significativa importancia no desenvolvemento económico desta terra.
A presentación desta rede enmarcouse na celebración do I Encontro Internacional de FP de Galicia, Castela e León e Portugal. Neste contexto e diante do seu homólogo de Castela e León, Juan José Mateos Otero, o conselleiro sinalou a importancia de reforzar a colaboración nese espazo xa constituído como Macrorrexión de Rexións do Sudoeste Europeo (RESOE). Os territorios participantes no encontro de hoxe contan con fortalezas e potencialidades que nacen das súas características históricas, culturais, sociais e económicas comúns; así como da súa situación periférica dentro da Unión Europea. Isto permítelles facer fronte a desafíos conxuntos nos ámbitos clave de economía e industria; laboral; medio ambiente; transportes e loxística; cultura e turismo; e educación, universidades e investigación, dixo Xesús Vázquez.
Obxectivos da rede
A Rede Galega de FP de Hostalaría integra aos CIFPs Paseo das Pontes, Compostela, Carlos Oroza e Manuel Antonio; e aos IES Sanxillao, Fragas do Eume, de Foz e de Vilamarín. Entre os seus obxectivos están dar resposta ás demandas de formación e servizos das empresas do sector, a transferencia de coñecemento dos centros educativos ás empresas especialmente a través da formación continua-, o intercambio de experiencias profesionais e o impulso aos proxectos de innovación neste eido.
Toda a información arredor destes obxectivos estará dispoñible na páxina web da Rede. Así, un dos apartados recollerá toda a oferta formativa dos 8 centros, incluída a posibilidade de acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral. Unha información útil tanto para o alumno como para as empresas, xa que lles facilita a estas últimas o conxunto da oferta necesaria para unha mellora da competitividade empresarial a través de diferentes vías: formación profesional básica, continua, ou mesmo formación a demanda das necesidades específicas das empresas deste sector.
Así mesmo, porase de forma conxunta ou separada- a disposición das empresas, asociacións e institucións do sector unha serie de servizos (de restauración, catas profesionais ou demostracións de técnicas vangardistas, entre outros) e de prestacións das instalacións e equipamentos dos centros para calquera tipo de colaboración ou intercambio de experiencias profesionais ou empresariais, buscando a maior cualificación do capital humano necesario para o progreso do noso tecido empresarial.
A Rede busca ademais coordinar as accións que os centros realicen na creación de bolsas de emprego para os seus titulados, así como para intercambios e mobilidades de alumnado e profesorado. Neste sentido, encontro como o de hoxe supoñen un claro reforzo ao aproveitamento de sinerxías que xa supón a Rede, abrindo a posibilidade de abrir novos proxectos de innovación en colaboración con outros sistemas educativos de fóra da nosa Comunidade.
O encontro
Ao longo da xornada desenvolvéronse diferentes actividades coas que se afondou en aspectos como o papel da FP no desenvolvemento da hostalaría ou o fomento da empregabilidade no sector a través da FP Dual; e programáronse diferentes obradoiros gastronómicos nos que participaron prestixiosos profesionais galegos. Así, ademais da presenza no encontro de Pepe Solla (Casa Solla), participaron no show-cooking Javier Olleros (restaurante Culler de pau), Beatriz Sotelo (A Estación), Manolo Costiña (O retiro da Costiña) e Diego López (La Molinera). A cata comentada foi guiada por, entre outros profesionais, Óscar Quintana, campión galego Nariz de Ouro; mentres que nas demostracións de latte art participaron Damián Seijas e Victor Couto, campións baristas galegos. Os talleres pecháronse cunha masterclass de coctelería a cargo de Diego Mosquera.
No I Encontro Internacional de FP de Galicia, Castela e León e Portugal participaron, ademais dos devanditos 8 centros galegos integrados na Rede, a ESENGRA da Armada Española (Ferrol); centros de hostalaría de Valladolid, Segovia, Ávila, León, Salamanca, Zamora, Burgos e Palencia; Escolas de hotelaría e turismo de Lamego, de Viana do Castelo e de Coimbra e Centros de Formación Profesional de hostalaría de Porto e Chaves. Así mesmo a xornada contou coa participación de importantes empresas galegas do sector, de representantes da Federación de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra e dos Consellos reguladores de denominación de orixe e de indicación xeográfica protexida .
Asemade estiveron presentes, ademais dos conselleiros do ramo de Castela e León e Galicia; o director xeral de FP e Réxime Especial do departamento de Mateos, Enrique de la Torre Alonso; o director de servizos, emprego e Formación Profesional da delegación rexional do norte do Instituto do Emprego e Formación Profesional luso, José Dinis; o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa da Xunta, Manuel Corredoira; e a subdirectora xeral de FP, María Eugenia Pérez, entre outras autoridades.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.