
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou no Premio Ourensanía 2014 a necesidade de apostar máis que nunca pola vía da unidade e da lealdade, porque os retos aos que se enfronta este país precisan do compromiso unánime de todos. É o momento do sosego, -dixo-, de escoitar e de tender pontes, pero coas columnas sólidas da lei, aseverou, ao que engadiu que só así se pode falar e dialogar, porque as pontes sen columnas sólidas non son pontes, son atallos e falsidades. Alberto Núñez Feijóo avogou, deste xeito, por facer unha política transversal na que cada autonomía se sinta unha parte activa do futuro de España e do proxecto común dos estados que conforman a Unión Europea.
A este respecto subliñou que a Comunidade galega quere estar en primeira liña -porque non se entendería España sen Galicia, nin o Estado das autonomías sen Galicia-, desde a capacidade que outorga o autogoberno e non desde os coutos que impón a independencia.
O mandatario galego salientou que Galicia é unha Comunidade que, lonxe de retraerse en si mesma, se ergue como un faro que irradia ao mundo a súa cultura. Unha Comunidade inclusiva, non excluínte, que se sinte parte e partícipe da historia común deste país, e unha peza máis do proxecto europeo.
Feijóo asegurou que Galicia conforma unha unidade plural que sortea diques e se abre a novos horizontes porque se fai máis grande na diversidade, e porque rexeita escribir o camiño da súa historia desde o illamento ou acochada na individualidade. Así, dixo, é como os galegos levamos forxado a nosa identidade e como percibimos a nosa pertenza ao Estado das autonomías.
Subliñou, nesta liña, que fenómenos como a emigración ou o Camiño de Santiago dan mostra da vocación internacional de Galicia, que anhela estar presente no mundo e abrir fiestras ao mundo porque esa, recoñeceu, é a nosa forma de ser e de sentirnos galegos. Os galegos entendemos que a nosa cultura non empeza e termina en Galicia, senón que aspira a ter eco en España e en Europa".
Proxectar Galicia ao mundo
O titular da Xunta remarcou que, precisamente Ourense, agocha a esencia dese galeguismo máis universal porque foi berce de escritores, poetas, pintores, artistas e emprendedores que contribuíron a proxectar Galicia ao mundo, e cuxo legado inspirou o chamado espírito de ourensanía que pervive nestes galardóns, sinalou.
Así, salientou que o Premio Ourensanía é un recoñecemento a todos aqueles galegos e galegas que contribúen á tarefa de construír unha Galicia cara á fóra. Homes e mulleres, agregou, que alá onde exercen o seu traballo, difunden unha pegada de galeguidade que é un sinal inequívoco de compromiso coa terra, esgrimiu.
Sobre a galardoada nesta edición, a xornalista Victoria Prego, recoñeceu que foi un dos nomes do xornalismo español que nos narraron o milagre da Transición e que nos fixo testemuñas de como se forxaron os cimentos que levantan a España de hoxe. Un país, agregou, que fixo do consenso, o pacto, a democracia e a liberdade a súa razón de ser.
O presidente do Goberno galego concluíu asegurando que estes galardóns son a proba manifesta de que o galeguismo non ten fronteiras, e de que Galicia conta con capital humano dabondo para contribuír a darlle vigor.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.