
O Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publica o 7 de novembro o rexistro do Pemento de Mougán como produto con Indicación Xeográfica Protexida (IXP). Con este trámite complétase o proceso de recoñecemento deste produto no ámbito da Unión Europea, aos efectos do seu recoñecemento e protección.
Os pementos amparados pola indicación xeográfica protexida Pemento de Mougán son os froitos da especie Capsicum annuum,L., sendo a súa área de produción a constituída pola totalidade do municipio de Guntín, en Lugo.
Precisamente o nome da denominación, Mougán, é un nome xeográfico que se corresponde coa parroquia do concello de Guntín, dende onde partían no transporte público os pementos destinados ao mercado da capital.
O Pemento de Mougán ten un froito semicartilaxinoso, de cor verde en estado de inmadurez e vermello en estado maduro. O froito é cadrado cun peso que oscila entre os 6 e 15 gramos por unidade. A súa carne é de textura fina e substanciosa, de sabor doce, lixeiramente herbáceo e, ás veces, picante.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.