Notas de prensa

Acto do Centro Galego de Barcelona en Lugo

O seu Presidente, Manuel Carrete, entrega o título de honra a título póstumo ao escritor Manuel Rodríguez López.O venres, día 7 de novembro, ás oito do serán, na Galería Sargadelos de Lugo, o presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete, vai facer entrega do título de Socio de Honra do Centro, a título póstumo, ao escritor Manuel Rodríguez López. A distinción será recibida pola súa viúva Irene López, e polo seu fillo Enrique Rodríguez.

Manuel Rodríguez López, cronista dos galegos en Catalunya e do centro galego, considerado o mellor poeta obreigo galego do século XX, foi o vencello entre os galegos da emigración catalana e a súa Galicia natal, cunha importante obra poética e narrativa na que destaca a constante preocupación polos temas obreiros e labregos, e a permanente divulgación do labor cultural e social dos galegos afincados en Catalunya.

O pasado 11 de outubro inaugurouse no Centro Galego de Barcelona a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, emigrante galego, poeta obreiro”, promovida por Galicia Digital e a familia do escritor, coa colaboración do concello de Paradela, Xunta de Galicia, Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, concello de Lugo e Real Academia Galega. Con motivo da apertura desta mostra, a directiva do Centro Galego acordou nomear socio de honra a título póstumo ao que fora socio distinguido e o seu cronista oficial. Esa distinción efectúase agora na capital lucense.

Teñen confirmada a súa participación o Presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete; Alcalde de Paradela, José Manuel Mato; e Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística. Neste acto recitará dous poemas de Manuel Rodríguez López o escritor lucense Xavier Rodríguez Barrio, e a familia expresará o seu recoñecemento en palabras da viuva de Manuel Rodríguez, e a través dunha mensaxe do profesor Santiago Rodríguez, fillo do homenaxeado, desde Bristol (Reino Unido).

X.X., 2014-11-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES