Notas de prensa

Preséntase na Casa de Galicia en Madrid o libro El azabache y su cultura en la Península Ibérica

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu a presentación do libro "El azabache y su cultura en la Península Ibérica", do economista e colaborador da "Gran Enciclopedia Gallega" Ángel Cardín Toraño, publicado por Edicións Xerais de Galicia

A obra, froito de dúas décadas de investigacións, explica todo o relacionado co acibeche, amuleto do Camiño de Santiago que foi usado na prehistoria, na época castreña e en épocas modernas e que ten profundas raíces en Galicia e Asturias.

Na presentación interviñeron, ademais do autor, o político, expresidente da Comunidade de Madrid, Joaquín Leguina e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, a quen o acibeche lle recordou as tendas próximas á Catedral de Santiago, cuxos escaparates contemplaba curioso cando era estudante, e ao comercio de acibeche que exercían os xudeus en Galicia, que refire no seu libro "Os xudeus no Reino de Galicia". Á obra de Cardín atribuíulle as calidades áxil, precisa e proveitosa.

Leguina referiuse ao libro como unha "notable investigación, realizada por un amigo, que o é dende a nosa xuventude. Unha obra cabal. Un gran traballo intelectual" e "unha mostra de como se debe investigar en calquera rama do coñecemento: un tratamento exhaustivo, afastado das minucias que tan frecuentemente se publican sen dar unha visión xeral do fenómeno estudado". "Trátase dun traballo ameno, unha investigación multidisciplinar e equilibrada dende todas as perspectivas relevantes: históricas, científicas, museísticas e lingüística que contén tamén unha valiosa investigación de campo en minas e gremios de azabacheros que nos trae notables descubrimentos propios", culturais e etnográficos.

Cardín explicou que "o libro resume o esforzo de moitos anos polo amplo da tarefa abordada: as minas, os laboratorios, os gremios de azabacheros (en Asturias e Galicia), o Camiño de Santiago, os museos, os mitos e referencias históricas, etc.". Sinalou que a importancia histórica do acibeche "foi máis como medicina e amuleto que como xoia ata o gran 'boom' do Camiño, en que se converte no amuleto e recordo da peregrinación durante 400 anos. Gaña prestixio e notoriedade ata o punto de que os fillos do Rei, en pleno século XVII, levan colgantes protectores de acibeche", expuxo, recordando que "en Santiago hai un centenar de tendas que venden joyitas de prata e acibeche e este ano case se achegan a 250.000 os peregrinos a pé que recordan tempos pasados, nos que o acibeche está presente e salutífero como sempre".

Gabinete de Comunicación da Casa de Galicia en Madrid, 2014-11-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES