Notas de prensa

A Cidade da Cultura acolle a mostra Libros sobre reloxos. Colección José Luís Basanta

A exposición composta de 9.000 exemplares recolle unha representación do fondo principal, amais da colección de libros de reloxo e das obras científicas que foron legadas de balde no 2013 á Cidade da Cultura, e ten como valor engadido ser unha das coleccións máis importantes sobre esta materia a nivel estatal e incluso mundial.

O titular de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, presentou a exposición “Libros sobre reloxos. Colección José Luís Basanta” na Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura. O fondo principal de Basanta está formada por máis de 450 volumes, nos que se inclúen manuscritos únicos, impresos desde o século XVI ata a actualidade e unha grande cantidade de obras de apoio, desde revistas ata bibliografías, catálogos, publicacións de libraría anticuaria e obras sobre temas afíns, como os instrumentos mecánicos e a medición do tempo. A biblioteca do investigador, que amais da colección de libros de reloxo, contén obras científicas (uns 9.000 exemplares en total), actualmente se atopa depositada na Biblioteca de Galicia, á que foi legada no ano 2013. A exposición recolle unha representación desta colección, na que se pretende resumir tanto o empeño bibliográfico do coleccionista como o esforzo e o traballo do incansable investigador. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 30 do presente mes.

Un auténtico tesouro

Vázquez Abad destacou na súa intervención “o traballo de Basanta como químico, respecto das celulosas e do papel, e o seu olfacto bibliófilo, que o conduciu a facer un auténtico tesouro respecto da súa gran paixón, centrada nos reloxos e nos mecanismos artificiais que pautan o transcorrer do tempo”. O titular do departamento cultural da Xunta engadiu que ”esta mostra composta de 9.000 exemplares foi legada de balde no ano 2013, e ten como valor engadido ser unha das coleccións máis importantes sobre esta materia a nivel estatal e incluso mundial” , engadiu o titular do departamento educativo.

O conselleiro, rematou o seu relatorio mostrando o seu orgullo porque a Biblioteca e o Arquivo de Galicia “ofrezan esta mostra, xa que significa pór nelas o selo da nosa época, o que constitúe unha das manifestacións máis transparentes de cómo se expresa a humanidade”. Ao mesmo tempo, Vázquez Abad, tamén falou do compromiso do goberno de “acoller as novas correntes e darlles o seu valor esencial, ao tempo que enxalce o peso específico dunha identidade tan recoñecible como ávida por evolucionar consonte os parámetros que nos corresponden”.

A figura do bibliófilo

José Luís Basanta, naceu no ano 1924, no municipio lucense da Fonsagrada e desenvolveu a súa traxectoria profesional en diferentes empresas no ámbito da química e da electroquímica, ademais de ser durante 4 anos decano do Colexio Oficial e de Químicos de Galicia. Grande afeccionado á historia do papel e da reloxería, o seu labor a prol da cultura foi recoñecido coa súa entrada na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Tamén conta coa Cruz Oficial do Mérito Civil.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-11-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES