
O profesor de Medicina e Cirurxía Animal na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, salientou na Fonsagrada a importancia da vaca para a nosa comunidade, ao ser un elemento esencial para a economía, para a paisaxe e para a cultura dunha parte importante de Galicia, unha pegada fonda da que non permanece allea a contorna da Fonsagrada, precisou.
García Herradón realizou estas declaracións na xornada de divulgación científica celebrada este venres na Fonsagrada no marco do ciclo A conservación da natureza, tarefa común e que se desenvolveu en dúas sesións, unha matinal orientada ao estudantado do IES Plurilingüe Fontem Albei, e outra, vespertina, a partir das 19.00 horas, no salón de actos municipal de A Fonsagrada. O xornalista Ignacio Rodríguez moderou as dúas intervencións.
O anterior vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo aproveitou a súa presenza na capital fonsagradina, un concello cuxa carga gandeira está está orientada a produción de carne, aínda que tamén é habitual a coexistencia de vacas asturianas nas explotacións familiares, para facer especial fincapé nas razas autóctonas galegas. A Rubia galega, así como as demais razas autóctonas de vacún de carne, son signo de identidade do país, tal e como o proba a súa adaptación e permanencia no medio, sinalou. A raza frisona, aínda que é posterior, tamén chegou a Galicia para quedarse, pero xa como símbolo da globalización, engadiu.
A presenza das vacas e de todos os procesos e dinámicas asociadas á actividade gandeira non só na cultura popular, senón tamén nas artes plásticas, na literatura, na fotografía e, hoxe en día, en internet, foron outras das cuestións abordadas por García Herradón nestas sesións de divulgación científica, nas que ademais de compartir coñecemento científico e incluso algunha que outra experiencia profesional e vital, tamén animou ao público presente a traballar para mellorar a baixa autoestima que predomina nos homes e mulleres que traballan no sector agrogandeiro.
A singular importancia que de sempre tivo a gandería de montaña para a comunidade galega tampouco pasou desapercibida para García Herradón, que subliñou que este tipo gandería é básico para fixar poboación no medio rural e para garantir a conservación da flora e da fauna e, xa que logo, do medio natural, o tema principal destas xornadas que leva adiante a USC por toda Galicia.
A cita da Fonsagrada é a oitava que se celebra dentro das xornadas divulgativas A conservación do medio natural, tarefa común, organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela e patrocinadas por Turismo de Galicia, a través do programa do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco a Compostela. A próxima cita deste ciclo, que percorrerá 20 concellos vinculados ó Camiño de Santiago, será en Cee, o vindeiro venres 24 de outubro. Nesta ocasión, a tamén profesora da USC e directora do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) falará do emprego e das aplicación das algas como fertilizante en agricultura.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.