
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, constatou co novo ministro de Xustiza, Rafael Catalá, o compromiso de manter a actual organización da planta xudicial galega que queda -aseverou- nunha situación de seguridade e estabilidade. Con estas palabras, Feijóo fixo referencia así á reforma da Lei Orgánica do Poder xudicial, engadindo que os galegos manteremos as nosas infraestruturas de atención ao cidadán, a proximidade da Xustiza e dos seus xulgados.
Tras unha reunión co máximo responsable do Ministerio de Xustiza, Feijóo expresou o agradecemento da Comunidade por ser atendidos e entendidos desde o punto de vista da situación xeográfica e poboacional; e por poder trasladar a todos os galegos que van seguir mantendo unha Xustiza de proximidade e unha organización territorial conforme ao solicitado nos últimos meses.
Ademais da reforma xudicial, Feijóo e Catalá tiveron a oportunidade de falar sobre a xustiza gratuíta e as taxas xudiciais. Neste eido, e logo de lembrar que Galicia está a facilitar unha xustiza gratuíta a moitos cidadáns, mantendo unha excelente colaboración cos colexios de avogados e procuradores, o presidente autonómico expresou a coincidencia co ministro na importancia de manter ao día os pagamentos na xustiza gratuíta, e de ter unha relación directa e franca cos nosos interlocutores.
O presidente da Xunta destacou tamén o esforzo do Goberno galego no eido da modernización da Xustiza, especialmente no que a tecnoloxías ser refire. Así, mencionou a posta en marcha de varios proxectos co Ministerio, co obxectivo de empregar os servizos informáticos da Comunidade para implementar determinados programas en materia de xustiza e, desde aí, replicalos a outras comunidades. Confirmamos o noso interese en seguir colaborando e en seguir xunto co Ministerio desenvolvendo programas informáticos nos que, ao noso entender, se basea a modernización da Xustiza. É dicir, na diminución dos tempos na tramitación, aseverou, destacando a rapidez como un dos principios básicos da Xustiza, tanto á hora de atender os problemas dos cidadáns como na de toma de decisións.
Feijóo concluíu insistindo na satisfacción de que as demandas da Comunidade galega quedan resoltas e atendidas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.