
A Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, organiza o curso Técnicas de plumería para a moda, que se celebra na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela, ata o sábado, 27 de setembro. O prestixioso deseñador Serkan Kura, especializado nesta técnica e a súa aplicación á alta costura, é o encargado de formar os 15 profesionais galegos participantes no curso, organizado dentro do calendario de formación especializada para artesáns para o ano 2014 impulsado por esta Fundación.
O deseñador belga de orixe turca Serkan Cura está especializado nas técnicas de plumería que aplica ás súas fantásticas pezas creativas. Graduouse en deseño de moda pola Royal Academy de Amberes no ano 2007, cun proxecto no que comezaba xa a explorar dende siluetas complexas ata chaquetas de grandes dimensións ou saias longas, empregando unha ampla variedade de texturas grazas a diferentes técnicas artesanais. Rematados os seus estudos, Serkan Cura uniuse á casa de moda Jean Paul Gaultier de París, onde traballou durante catro anos no taller creativo. Desde 2012, Serkan Cura conta coa súa propia casa de moda en París.
Como cada ano, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño deseña un programa de formación especializada no que os artesáns das diferentes disciplinas poidan coñecer diferentes técnicas artesanais, así como entrar en contacto con expertos de calidade e recoñecido prestixio. A organización destas actividades de impulso á formación e á colaboración entre artesanía e outras áreas de traballo forma parte da estratexia da Consellería de Economía e Industria para promover o talento do sector artesanal galego e consolidar un sector competitivo e transversal, un dos grandes retos do novo Plan de Artesanía de Galicia 2014-2016.
O curso, que botou a andar o luns, celébrase ao longo desta semana en horario de 9.30 a 14h e de 16h a 20h, consta de 50 horas de duración e está dirixido aos profesionais do sector artesán galego, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.