A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lembra que a comunidade educativa ten a súa disposición, desde hai catro meses, o contido do Decreto que regula a implantación da Lomce en Galicia, polo que é totalmente inexacto falar de descoñecemento do mesmo.
O texto estivo a exposición pública e por tanto a disposición do conxunto da cidadanía- desde o pasado 21 de maio, e ademais o seu contido foi elevado á Mesa Sectorial de Persoal Docente e ao Consello Escolar de Galicia, e contou co ditame favorable do Consello Consultivo de Galicia. Trátase, por tanto, de trámites que desmenten as declaracións expresadas nos últimos días por distintos colectivos relacionados coa Educación.
Así mesmo, a finais de xullo, a Consellería de Cultura e Educación publicou unha Orde transitoria co fin de anticipar a toda a comunidade educativa os contidos curriculares de aplicación para o curso 2014-2015. É dicir, que se reforzou de novo a comunicación do contido do Decreto de educación primaria que hoxe publica o DOG e que se pode consultar no enlace http://goo.gl/dMvaKq [nova venta]
Ademais, o departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad lembra que o texto, que foi elaborado por profesores e técnicos da Consellería, foi finalmente aprobado polo Consello da Xunta na xuntanza de Goberno do pasado día 4.
A Consellería de Cultura e Educación considera que este Decreto supón unha aposta polo cambio metodolóxico na procura de mellorar os resultados, potenciando a adquisición de competencias en comunicación lingüística, matemáticas, ciencias e tecnoloxía; reforzando a autonomía dos centros co fin de que distribúan as horas de libre configuración en función das necesidades educativas que detecten; garantindo o equilibro lingüístico e promovendo a calidade, a equidade e a inclusión educativa das persoas con discapacidade, entre outros.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.