
Non será, en palabras de Touriñán, unha actuación calquera. E é que en Castelo cóidanse todos os detalles, e desde a organización afánanse por vestir a polideportiva da pequena aldea ao pé do Xalo e convertela en todo un clube da comedia, con banda de música incluída, que para a ocasión será a dos betanceiros Os que vand.
Nun escenario central estarán os monologuistas, nun dos laterais a banda, e noutro unha gran pantalla para seguir o espectáculo con vídeo en directo. Diante, mesas de entre seis e dez prazas que xa se poden reservar no teléfono 698 111 311 e no enderezo electrónico casteloconta@festascastelo.com, por 50 con botella incluída. O resto do público situarase xusto detrás, tamén sentado ata cubrir o aforo.
Os cinco monologuistas actuarán xuntos e por separado, tirando do mellor do seu repertorio, con moita improvisación e mesmo incentivando a participación do público. Para antes do evento, bocatas de chourizo criollo á grella en pan de Carral, preparados polos veciños de Castelo, e que se venderán a 2 euros.
Encallados tamén se estréa en Castelo
O Castelo Conta dará comezo contra as 23.30 horas, porque antes o mesmo recinto da polideportiva desta parroquia de Culleredo acollerá a proxección do filme Encallados, dirixido por Alfonso Zarauza e que ten entre os seus protagonistas a Federico Pérez. Unha historia de cinema dentro de cinema, que narra as dificultades de tres compañeiros para facer unha película sobre a traxedia do Prestige, cun contrapunto cómico que ten sorprendido xa a centos de persoas nas estréas que se están a realizar por toda Galicia.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.