
Nos centros Quérote+ de toda Galicia realízase este método de detección que, baixo a denominación de proba rápida, ofrece a posibilidade de coñecer en aproximadamente 20 minutos a presenza de anticorpos de VIH no organismo.
Nos centros Quérote lévase a cabo no marco dun asesoramento acerca do VIH e a súa prevención, e durante o mesmo xa se informa ao usuario do resultado. Non é unha proba diagnóstica, xa que un resultado positivo deberá sempre ser confirmado por probas de laboratorio hospitalario.
Unha diagnose a tempo ofrece a posibilidade de beneficiarse da terapia antiviral nas etapas precoces da infección e pode contribuír a modificar as condutas que favorecen a transmisión do virus a outras persoas.
Estímase que o 25% da poboación portadora descoñece que ten VIH. Isto é posible porque o VIH pode estar asintomático, é dicir, non presentar síntomas nin manifestarse externamente no corpo. Pero a pesares de non mostrar síntomas, esa persoa, ao ser portadora do VIH, pode transmitirllo a outra persoa, esta a outra, e así é como se produce a cadea de transmisión do virus.
O perfil da persoa que se achega a realizar a proba aos centros Quérote+ é un home (70% das persoas que fan a proba) de entre 16 e 34 anos (71 % das persoas que fan a proba) da provincia da Coruña ou de Pontevedra (77% das persoas que fan a proba pertencen a unha destas provincias).
Quérote+ leva desde os seus inicios, no ano 2006, traballando a prol da prevención, información e divulgación sobre o VIH-sida a través de diversas accións específicas: carpas e mesas informativas en días mundiais sinalados como son o Día mundial da proba rápida do VIH ou o Día Mundial de loita contra o VIH, obradoiros e cursos de formación en espazos xuvenís ou campañas específicas de sensibilización.
As últimas campañas lanzadas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado neste ámbito foron Facémolo, que se distribúe a través dun código QR que dá acceso a toda a información relevante para a realización da proba rápida do VIH nos centros Quérote+, e Pon a proba do VIH nos teus favoritos!, en colaboración coa Consellería de Sanidade, unha campaña que se lanzou a través de aplicacións móbiles de contacto entre homes (Bender/Grindr), dando información sobre a proba e os espazos nos que poder realizala.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.