Notas de prensa

O servizo Quérote + lanza unha campaña para a sensibilización por unha imaxe corporal libre de estereotipos

O servizo Quérote+, lanza este verán a campaña ‘Gústasme porque es ti’, que percorrerá 20 concellos galegos co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre unha imaxe corporal libre de estereotipos. Na época do verán os mozas e mozos poden non sentirse a gusto co seu corpo, como consecuencia das imaxes e os roles que se reciben no día a día dos modelos de beleza actuais estereotipados.

A través desta campaña, búscase ofrecer información e asesoramento á mocidade. Mostrarase a realidade dunha diversidade corporal en todos os seus diferentes aspectos (altura, cor de pel, anchura das cadeiras ou forma da boca, entre outros) e o valor da persoa no seu conxunto (no só dos aspectos físicos), ademais de ofrecerse a posibilidade de que os participantes consulten co equipo profesional do Quérote+ se lles xurde algunha dúbida persoal.

Chegarase ata espazos de encontro xuvenil como piscinas, praias, prazas ou festas de 20 localidades galegas. Na mesma instalarase unha mesa informativa con material de Quérote+ xeral e específico de imaxe corporal, un “tendal” con frases suxerentes vinculadas coa imaxe corporal, e un roll-up no que mozos e mozas fanse fotos coa frase que lles resulte suxerente e lles guste.

Os adhesivos que se realizaron para a campaña recollen frase coñecidas, como ‘A beleza é un estado de ánimo’ (Émile Zola), ‘Se ti mesm@ @s demáis xa están escollidos’ (Oscar Wilde), ‘Non sabía que poñerme e púxenme feliz’, ‘Coma ti non hai ninguén’, ‘Amarse a si mesm@ é o comezo dunha aventura que dura toda a vida’ (Oscar Wilde), entre outras.

Obradoiros de imaxe corporal

A necesidade desta campaña detectouse a través das diversas actividades que os centros Quérote+ veñen desenvolvendo ao longo dos anos na interacción con mozas e mozos. Así, no curso lectivo 2012/2013, realizáronse 215 obradoiros sobre imaxe corporal e autoestima para mozas e mozos de entre 14 e 15 anos en máis de 100 centros de ensino, chegando a máis de 4.700 participantes.

Neses obradoiros manifestábase unha gran dificultade por recoñecer aspectos persoais positivos. De feito, para os mozos e mozas é un dos obradoiros máis valorados nestes últimos anos, e recoñecen necesitalo xa que é un tema que lles preocupa e que non saben como ou a quen dirixirse para afrontalo.

O número de consultas referentes a este tema sexa presencial, telefónica, en liña, ou a través de Whatsapp/Telegram, vai en aumento (no 2014 lévanse máis de 390 consultas). É frecuente que se acheguen rapazas novas con preocupacións pola súa imaxe, coa autoestima baixa, comentando as dificultades que todo isto lles supón á hora de relacionarse, e mesmo con problemas de trastornos alimenticios.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo e Benesar, 2014-08-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES