Con isto invítase aos cidadáns maiores de 18 anos a que inmortalicen os seus mellores momentos estivais de carácter medioambiental, contribuíndo a xerar conciencia sobre a necesidade de preservar o patrimonio natural galego, axudando á cidadanía a descubrir novos paraxes e a apreciar a esencia da nosa terra: a súa riqueza paisaxística e ecolóxica.
As instantáneas serán difundidas e compartidas por Sogama, tanto a través do seu sitio web como das súas redes sociais en Facebook, Twitter e Tuenti Por unha Galicia sostible, educación ambiental Sogama. Con tal fin, os interesados deberán remitilas ao correo electrónico da súa páxina web cmc@sogama.es durante o período anteriormente referenciado (1 ao 30 de setembro). Unicamente se admitirán as fotos enviadas á empresa neste intervalo de tempo (descartaranse as aportadas fóra de prazo).
As bases desta promoción atópanse a disposición dos interesados na páxina web da entidade www.sogama.es, recolléndose nas mesmas as normas que rexen para concorrer a esta iniciativa e condicións de participación.
Cada imaxe deberá acompañarse dos datos do seu autor, así como dunha pequena descrición da mesma, motivo polo cal foi elixida e identificación do lugar, municipio galego e provincia á que pertence. A temática queda a elección dos participantes, que ben poden optar por recreaciones paisaxísticas ou ben por aspectos concretos tales como flora, fauna, bosques, plantas, ríos, montañas, etc.
Para máis información, http://www.sogama.es/gl/campanha/mina-mellor-foto-ambiental-do-veran-2014
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.