
Acompañaron ao vicepresidente da Deputación na súa visita Fiz Fernández e Sofía Ron, en representación da entidade organizadora.
O campamento desenvólvese na contorna do Albergue Rural Garabullos, en Cospeito, durante o mes de agosto en quendas dunha semana por tramos de idade: as semanas do 4 ao 9 e do 18 ao 23 de agosto estarán reservadas para as crianzas de entre 6 e 10 anos, mentres que os rapaces e rapazas de entre 10 e 14 anos terán dispoñíbeis as semanas do 11 ao 16 e do 25 ao 30 de agosto. Oitenta nenos e nenas participan nesta iniciativa en 4 quendas de 20 cativos cada unha.
Durante a súa visita esta mañá ao campamento, Antonio Veiga destacou o emprazamento no que se desenvolverán as actividades, unha situación que lles permitirá aos rapaces e rapazas que participen no mesmo estar en contacto directo coa natureza e coñecer o medio rural, un dos principais obxectivos que persegue esta iniciativa. E ese contacto co rural, leva ligada a inmersión lingüística no galego, outra das finalidades principais desta actividade estival, explicou.
As rapazas e rapaces conseguen ese contacto co galego e co eido rural grazas a actividades como obradoiros en hortos ecolóxicos, obradoiros con material de refugallo, xogos na natureza, obradoiros e xogos de supervivencia, talleres de cociña tradicional galega, piragüismo, xogos nocturnos, xogos populares, sendeirismo, así como actividades de aproveitamento dos recursos naturais para construción e alimentación.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.