Notas de prensa

Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 recomenda aumentar no verán as precaucións para evitar lesións medulares

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 fai unha serie de recomendacións co fin de mellorar a calidade de vida dos galegos no verán. As vacacións e o bo tempo fan que a poboación aumente a práctica de actividades ao aire libre e os desprazamentos polas estradas, o que incrementa os riscos de sufrir lesións tipicamente estivais causadas por accidentes de tráfico, caídas a distinto nivel e mergullos en augas pouco profundas, así como lesións producidas por unha exposición prolongada ao sol.

Os accidentes de tráfico -atropelos, colisións entre vehículos e accidentes de motocicleta- son a causa do 50% das lesións medulares, mentres o 50% restante se debe a accidentes laborais e deportivos como precipitacións desde certa altura, mergullos en augas pouco profundas e caídas de bicicleta ou cabalo, principalmente. Nos últimos anos estase a observar un incremento de lesións causadas por imprudencias á hora de lanzarse a auga en zona de baño.

Se vostede vai pasear en bicicleta ou a cabalo deberá protexer a súa testa cos cascos axeitados. Evite facer descensos ou saltos por zonas que descoñece, así como manobras que requiran dificultade técnica nos casos que non dispoñamos de adestramento previo ou habilidade suficiente para realizalas.

No caso de caídas a distinto nivel, lembre que a gravidade das lesións aumenta cando a altura é tres veces superior á estatura da vítima; polo que, no caso dos nenos, caídas de alturas non moi elevadas poden ter graves consecuencias.

Precaucións na praia
Os saltos á auga en zonas pouco profundas, tanto no mar como na piscina, son unha das causas máis frecuentes de lesión medular grave. Lembre que non debe tirarse de cabeza en sitios que non coñece e no caso de que se encontre na praia deberá ter en conta o estado das mareas. Hai que coñecer perfectamente o lugar para tirarse de cabeza e, de non ser así, medilo previamente tirándose de pe, e comprobando que existen tres ou máis metros de auga na zona.

Igualmente deben respectarse os sinais de perigosidade do mar. Urxencias Sanitarias lembra que a bandeira vermella indica perigo e prohibición de baño, a laranxa moita precaución e a verde que o mar está en calma.

Asemade, hai que entrar pouco a pouco na auga, sobre todo despois de tomar o sol. Evite lanzarse de forma súbita e procure ir acostumando o corpo á temperatura da auga, remollándose progresivamente por partes. Garde un tempo prudencial dunha ou dúas horas antes de bañarse despois da comida, especialmente se esta foi copiosa. É importante non internarse no mar aínda que saiba nadar correctamente, xa que sempre poden xurdir imprevistos.

En canto a exposición prolongada ao sol, o 061 aconsella que se tome o mesmo dun xeito progresivo nos primeiros días, extremando sempre a precaución entre as 12 e as 16 horas con cremas de protección solar adecuada a súa pel para evitar queimaduras. É importante beber líquidos para manternos hidratados, así como protexer a cabeza para reducir as posibilidade de sufrir una insolación.

Como actuar en caso de emerxencia

En caso de ser testemuña dunha situación de emerxencia sanitaria chame ao 061 e facilite a información sobre o número de vítimas, o tipo de lesións e a localización dos feridos. Recorde indicar o seu número de teléfono por se fose necesario que rechamaran para localizar con exactitude o lugar no que se encontra. Inmediatamente, e mentres vostede está falando co persoal do 061, poranse en marcha os recursos necesarios para á súa asistencia sanitaria. Ao mesmo tempo, un médico coordinador indicaralle como actuar ata que a ambulancia ou o helicóptero chegue.

É importante lembrar que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é un servizo que funciona as 24 horas, os 365 días do ano e que moitas vidas se poden salvar se son tratadas dun modo axeitado.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, 2014-08-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES