Notas de prensa

Feijóo aplaude que o ministro Gallardón recoñeza as particularidades de Galicia e manteña os patidos xudiciais

O presidente da Xunta agradece ao ministro de Xustiza, Ruíz Gallardón, que o Executivo central entenda e acepte a necesidade obxectiva de que a Comunidade teña un tribunal de instancia en cada capital de provincia e, ademais, un en Vigo, un en Santiago e un en Ferrol, mantendo todos os partidos xudiciais e os xulgados.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu ao ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, e ao Goberno de España que atendesen as singularidades de Galicia para facer posible que a nosa Comunidade teña sete tribunais de instancia, mantendo, ademais, todos os partidos xudiciais e sen pechar ningún xulgado.

Tras o encontro que mantivo no Pazo de Raxoi co titular de Xustiza do Executivo central, Feijóo asegurou que para Galicia hoxe é “un día moi importante, porque vimos que hai un Goberno que entendeu e que aceptou os feitos, e eses feitos son que Galicia pode ter sete tribunais de instancia, un en cada capital de provincia, e outro en Vigo, outro en Ferrol e outro en Santiago”. Segundo afirmou o mandatario galego, os requisitos fixados polo Ministerio de Xustiza para que, cando entre en vigor a reforma xudicial en marcha, poida existir máis dun tribunal de instancia por provincia, cúmprense nas sete principais cidades galegas.

Xunto con isto, o presidente da Xunta celebrou que o Goberno atendese outra das consideracións formuladas desde Galicia, referida ao mantemento dos partidos xudiciais existentes. Estes, sinalou, “obedecen a unha tradición xudicial, a unha tradición xurisdicional e a unha vocación que entendemos que debe permanecer”, a pesar de que se introduzan as “flexibilidades” necesarias. Nese sentido, indicou que “do mesmo xeito que, se hai unha lista de espera nun hospital, un paciente pode ir a outro, se hai un xulgado que ten moitos asuntos, loxicamente, eses asuntos poden derivarse a outro para que o principio de tutela efectiva sexa máis eficaz”.

En terceiro lugar, subliñou que a formulación galega de que se manteñan todos os xulgados abertos na Comunidade fose tamén atendida polo Ministerio e vaia ser posible dentro da reforma da Xustiza.

O titular da Xunta incidiu no agradecemento ao ministro e ao Goberno de España en nome do Executivo autonómico, así como no de todos os axentes sociais e dos profesionais do sector, “por estudar, valorar, reflexionar e atender as propostas obxectivas de Galicia e aceptar que poidan formar parte do proxecto de lei orgánica que se tramite nas Cortes Xerais”.

Na súa intervención, Alberto Núñez Feijóo puxo en valor que acometer a reforma xudicial era unha materia pendente desde hai moito tempo e que constitúe “un paso necesario, un paso valente e un paso difícil”, polo que felicitou ao Ministerio de Xustiza por decidirse a levala a cabo.

Resaltou que Galicia coincidiu sempre co Goberno central na necesidade de abordar esa misión de xeito completo, indo máis alá da dotación de medios e reformando tamén a organización xudicial e manifestou a vontade da Xunta de participar activamente no proceso.

NotaNese marco situou as alegacións formuladas polo Goberno autonómico, coincidentes coas do sector (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Fiscalía Superior, Secretaría de Goberno, Consellos da Avogacía e Procuradoría de Galicia, así como as organizacións sindicais). O informe remitido ao Ministerio, concretou, baséase na necesidade de recoñecer as singularidades territoriais e de que calquera decisión que incida na distribución territorial dun servizo público non pode ter en conta unicamente a división administrativa.

Feijóo lembrou que non é a primeira vez que o ministro de Xustiza atende as reivindicacións da Comunidade galega xa que o fixo, tamén, cando deu resposta á petición de endurecemento das penas aos incendiarios.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-07-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES