Notas de prensa

As reformas en Cuba, unha visión desde dentro

A revista Tempo exterior, publicada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) e dirixida por Xulio Ríos, achega no seu Nº 28, período Xaneiro-Xuño de 2014, un monográfico especial sobre o momento cubano.

A sexta parte das terras agrícolas de Cuba, máis de un millón de hectáreas, permanece ociosa, seis anos despois de que o goberno de Raúl Castro iniciara a súa política de entrega de terras en usufruto para impulsar a produción de alimentos.

Mentres, Cuba importa perto do 80 por cento dos alimentos que consume, o que supón un gasto de 1.800 millóns de dólares anuais. En 2013, as colleitas estiveron por debaixo do planeado para cubrir a canastra básica subsidiada e o consumo social (escolas e hospitais), con producións equivalentes ao 81% do plan de arroz, 65% de feixóns, 8 % de leite e 98% de café. En 2013, o salario medio estatal medrou un 1% (o aumento foi do 2,4% en 2012), roldando os 20 dólares mensuais.

A revista Tempo exterior, publicada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) e dirixida por Xulio Ríos, achega no seu Nº 28, período Xaneiro-Xuño de 2014, un monográfico especial sobre o momento cubano, particularmente ante o proceso de reformas iniciado a partir de 2008 polo presidente Raúl Castro, outorgando un valor primordial ás voces e análises que, dende Cuba, realizan diversos expertos.

Neste sentido, Tempo exterior Nº 28 abre o seu monográfico cunha reflexión sobre os cambios institucionais que acometerá este proceso de reformas (Juan Valdés Paz), a repercusión que isto terá na reformulación do modelo socialista cubano (Julio A. Díaz Vázquez) e os efectos da crise económica no sector produtivo (Ricardo Torres Pérez) como motor da recuperación económica, así como as alternativas a seguir dentro do sistema de dualidade monetaria (Pavel Vidal Alejandro e Omar Everleny Pérez Villanueva).

As reflexións afondan en áreas específicas como o turismo internacional (Miguel Alejandro Figueras), as transformacións no sector agropecuario (Armando Nova González), a perspectiva de sostibilidade dentro das estratexias de desenvolvemento (José M. Mateo Rodríguez) e un tema crítico e controvertido, o estado da prensa cubana (Osvaldo Rodríguez).

A necesidade de normalización das relacións entre a Unión Europea e Cuba (Eduardo Perera Gómez) cobran importancia ante a renovación das negociacións, abandonando a política común vixente desde 1996. A nivel hemisférico, aténdense as controversias entre La Habana e Washington en materia de cooperación antidrogas e doutros delitos (Alejandro Perdomo) así como a perspectiva de reinserción de Cuba nos organismos de integración rexional, particularmente visibles nas súas relacións con América Latina e o Caribe (Carlos Oliva Campos). Finalmente, este monográfico aborda unha reflexión sobre a sociedade cubana (Soledad Cruz Guerra) e as súas transformacións dende a Revolución ata hoxe.

Igadi, 2014-07-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES