Notas de prensa

Rematado o informe de titulacións do Sistema Universitario Galego para o curso 2014-15

Confírmase a impartición do Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios da UVigo, tras os cambios esixidos no informe provisional de verificación. Pero denegouse a autorización ao Grao en Enxeñaría Física, xa que a titulación obtivo informe desfavorable da axencia avaliadora independente.

O pleno extraordinario do Consello Galego de Universidades (CGU), presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, rematou o proceso de informe das titulacións que se impartirán no Sistema Universitario de Galicia (SUG) o vindeiro curso, das cales aínda 7 están pendentes do informe final de verificación por parte da axencia avaliadora independente. Ademais, os membros do CGU foron informados das titulacións que, tras superar no anterior pleno a votación do Consello condicionada ao informe final de verificación, contan xa co visto e prace da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O proceso completouse coa votación das titulacións - con resultado desfavorable – da autorización das titulacións de Grao en Arquitectura e de Grao en Administración e Dirección de Empresas, que substituirían ás que había neste centro, ata o momento vencellado ao University College Dublin.

O conselleiro explicou ademais aos membros do Consello Galego de Universidades que a axencia avaliadora independente, a ACSUG, emitiu informe final de verificación desfavorable respecto do Grao en Enxeñaría Física proposto pola UVigo. Neste sentido Vázquez Abad lembrou que, tal e como pediran varios membros do CGU, a titulación non fora sometida no anterior pleno do Consello a votación, xa que “non quedaba claro, entre outros, o encaixe da titulación na rama de coñecemento de enxeñaría ou na de ciencias, coas consecuencias que iso podería ter na decisión final dos vogais. Así mesmo, ante a polémica suscitada respecto desta titulación, acordouse esperar a contar co informe definitivo de verificación da axencia e, no caso de ser favorable, someteríase a informe deste pleno a proposta de implantación do título”.

Unha vez emitido pola ACSUG o informe final desfavorable, tal e como explicou o conselleiro, non é pertinente solicitar o informe do Pleno do Consello Galego de Universidades. “Estamos - dixo- diante dunha titulación que non superou o procedemento de verificación da axencia avaliadora independente, requisito sine qua non para poder tramitar, no seu caso, a autorización de implantación”.

Luz verde da ACSUG a 6 titulacións

No que atinxe ás titulacións votadas no pleno do CGU do pasado 26 de maio, e que estaban condicionadas ao informe favorable da ACSUG, o conselleiro informou hoxe de que 6 delas xa obtiveron luz verde por parte desta axencia avaliadora independente. Así, o inicialmente denominado ‘Grao en Ciencias da Linguaxe’, da Universidade de Vigo, impartirase o vindeiro curso 2014/2015 baixo a denominación de ‘Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios’, unha das modificacións esixidas pola ACSUG no informe provisional, sen cuxo cumprimento non tería sido posible a obtención do informe final favorable. Así mesmo a UVigo realizou numerosos cambios no que se refire á reestruturación de materias, que posibilitaron que o informe final fora favorable. Este novo grao vén a substituír ao Grao de Estudos de Galego e Español.

Tal e como explicou o conselleiro, tamén cambiou de denominación o Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental da Universidade de Vigo, denominación inducida polo informe provisional de verificación, e que obtivera o informe favorable do CGU baixo a denominación de Máster Universitario en Recursos Naturais e Tecnoloxía Agroalimentaria. Ademais das dúas devanditas, outras catro titulacións que foran votadas no anterior pleno do Consello contan xa co informe final favorable da ACSUG, en concreto o Grao en Enxeñaría agrícola e Agroalimentaria (USC), o Máter en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (USC e UVigo), o Máster en Física (USC) e o Programa de Doutoramenteo en Estudos Culturais: Memoria, Identidade e Territorio (USC)

Para o resto de titulacións – un total de 7- que obtiveran a votación favorable provisional na xuntanza anterior do pleno do CGU a ACSUG emitirá informes finais o 29 de xullo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES