Turismo de Galicia, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, asinou un convenio de colaboración coa asociación I Cammini di Francesco orientado á investigación sobre as figuras de San Francisco de Asís e o Apóstolo Santiago, ademais de sobre a cultura xacobea. O acto de sinatura tivo lugar na cidade italiana de Rieti e nel participaron o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, e o presidente da asociación promotora do novo Itinerario Cultural Europeo o Camiño de Francisco-, Giorgio Piccirillo.
Sobre a base deste acordo, o Xacobeo ofrecerá asesoramento ao colectivo italiano no proceso de desenvolvemento deste novo Itinerario Cultural Europeo que posúe altos valores históricos e espirituais. O convenio promove, ademais, o estudo e investigación sobre as relacións de San Francisco con Santiago de Compostela e co fenómeno xacobeo.
A asociación I Cammini di Francesco traballa no recoñecemento europeo do Camiño dedicado ao Santo Poverello. No acto de sinatura estiveron presentes tamén o secretario da asociación Frabrizio Nevola, o técnico do Xacobeo, Francisco Singul, e o asesor cultural do Comune di Rieti que acolleu a iniciativa, Diego di Paolo.
Inauguración da mostra fotográfica sobre o Camiño de San Francisco a Santiago
A cidade italiana de Rieti acolle a mostra fotográfica Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago, con fotografías de Manuel Valcárcel que se instalaron nunha trintena de escaparates dos principais establecementos da rúa comercial da cidade, Via Roma. Os visitantes percorren esta mostra na cidade desde a que, segundo a tradición, San Francisco iniciou a súa peregrinación, concretamente o territorio de Poggio Bustone, que hoxe acolle un santuario dedicado ao Apóstolo Santiago.
No acto inaugural da mostra participou o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez, o presidente da rexión do Lazio, Nicola Zingaretti, a asesora rexional de Cultura, Lidia Ravera, o alcalde de Rieti, Simone Petragelli e o asesor cultural do municipio de Rieti, Diego di Paolo, entre outras autoridades rexionais e locais.
A mostra enmárcase nas actividades culturais que, en virtude do convenio asinado o ano pasado, desenvolve a Xunta de Galicia e o municipio de Rieti no marco da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.
A vinculación de Rieti con Santo de Asís ten que ver con que na zona de Greccio realizou este santo o primeiro nacemento do Nadal, en Santo Colombo redactou a primeira regra franciscana e desde Poggio Bustone partiu a súa peregrinación.
En virtude do dito acordo, Turismo de Galicia e o Comune di Rieti colaboraron na organización en Santiago de Compostela das mostras San Francisco e o Belén e Il Cammino di Francesco. Fotografías de Steve McCurry.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.