A directora de Turismo de Galicia interveu na localidade malagueña de Ronda nunha mesa redonda dentro dos Cursos de Verán da Universidade de Málaga titulados Formando hacia el futuro. O curso leva por título La gran senda de Málaga e versa sobre a transversalidade e potencialidade dos sendeiros existentes na provincia que forman parte da rede nacional e europea de sendeiros. Afonda no coñecemento das unidades ambientais e no desenvolvemento turístico para dar a coñecer as oportunidades empresariais que se xeran en torno aos percorridos e inclúe relatorios sobre as diferentes rutas e sobre o propio Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia.
Nava Castro centrou a súa intervención no Camiño de Santiago e na promoción e comunicación do mesmo. Segundo dixo, en Galicia a actividade turística tense revelado como un dos dinamizadores económicos e con maior capacidade para xerar riqueza material e inmaterial. O turismo implica para a comunidade o 10,6% do PIB e o 11,23% do total do emprego, sinalou. Tanto en Galicia como nas comunidades atravesadas pola Ruta Xacobea, agregou, tense convertido nun factor estratéxico de desenvolvemento económico a través da xeración de gran volume de negocio e tamén a través da súa capacidade de activación de zonas con limitadas alternativas económicas, contribuíndo ao tempo ao reequilibrio territorial.
De igual modo, a directora de Turismo de Galicia destacou que na actualidade o esforzo común dos países, colectivos, asociacións, responsables políticos, expertos e cidadáns ten conseguido converter a Ruta Xacobea nun lugar de encontro, comunicación e transmisión cultural, así como nun laboratorio de construción da nova Europa.
Nava Castro afondou nas diversas distincións e recoñecementos que na actualidade posúe a ruta e na súa influencia á hora de comunicala e difundila, como é o caso do máis recente recoñecemento como Embaixador Honorario da Marca España na categoría de Relacións Institucionais.
A directora de Turismo abordou tamén as diferentes accións de promoción do Camiño que se levan a cabo a través da Administración Turística galega. O Camiño é a carta de presentación de Galicia e así se evidencia no claim da nosa campaña turística: Galicia, el buen camino.
Ademais, afondou na actual estrutura de xestión da ruta e nas infraestruturas dispoñibles na comunidade meta do Camiño de Santiago. Así como na relevancia do traballo das asociacións de amigos do Camiño en todo o mundo, con máis de 200 e máis de 80 mil integrantes.
Tamén incidiu na relevancia da produción cultural arredor do Camiño de Santiago para divulgar o fenómeno xacobeo a través da literatura o do cinema.
A directora de Turismo incidiu na importancia da Ruta como elemento captador principal de turismo internacional. Segundo dixo, os dez países de onde proceden máis peregrinos despois de España, de acordo ás cifras de 2013, son Alemania, Italia, Portugal, Estados Unidos, Francia, Irlanda, Reino Unido, Canadá, Australia e Holanda. Segundo resaltou, en 2013 realizaron o Camiño 17.880 peregrinos residentes en Andalucía.
Plan Integral de Turismo de Galicia
Nava Castro recalcou tamén o feito de que o Camiño de Santiago configura a primeira liña estratéxica do Plan Integral de Turismo de Galicia, como eixe vertebrador de novas alternativas de turismo e modelo demostrador internacional. Nesta primeira liña estratéxica referente ao Camiño de Santiago, precisou, inclúese o desenvolvemento dun Plan director do Camiño e dun Plan Estratéxico.
Nava Castro explicou tamén a aposta do Goberno galego polo establecemento de canles de captación directa de peregrinos internacionais así como a colaboración coa Secretaría de Estado e Segittur na posta en marcha do proxecto pioneiro Smart Camino.
VIII Centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago
Dentro das iniciativas de desenvolvemento, promoción e comunicación do Camiño de Santiago, Nava Castro explicou que Galicia celebra o VIII Centenario de la peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela. É por isto que ata mediados de 2015 se está desenvolvendo un extenso programa cultural que inclúe eventos artísticos, sociais, congresuais, divulgativos e expositivos como a gran mostra internacional On the Road que ata finais de novembro se pode ver en Santiago.
O Primeiro Congreso Mundial de Peregrinacións e Turismo ou o Primeiro Cumio de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago son dúas das citas ineludibles do centenario. Nava Castro lembrou tamén que no marco desta efeméride se está a desenvolver a I Travesía Náutica Xacobea, que consta dunha ruta Mediterránea e doutra Atlántica que nestes momentos percorren as costas españolas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.