
Como non podía ser doutro xeito, correspóndelle esta primeira edición ao
veciño máis ilustre da parroquia, D. XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, no
centenario do seu nacemento, no ano no que se adicaron as letras galegas e
no ano no que Os Vilares pasou a ser coñecida en todo o país e polo mundo.
Desde o proxecto Os Vilares, lareira de soños instituimos este
recoñecemento anual a persoas e/ou entidades que teñan axudado á nosa
parroquia en calquer plano da vida e é de xustiza comenzar por Díaz Castro
nesta distinción simbólica de trapeiro, un oficio vinculado directamente á
parroquia.
O Premio, tamén simbólicamente tentaremos que sexa recollido en data e
lugar aínda sin decidir, pola Asociación Cultural XERMOLOS, depositarios
do legado de Pepe do Vilariño tamén como unha mostra de agradecemento polo traballo desenvolvido por esta exemplar entidade cultural.
O distintivo anual é un lenzo nominal co ano correspondente, o nome do
premiado/a e as cores do logo dosVilares, lareira de soños.
Esta iniciativa, súmase á pulicación na que traballa Pastora Veres, o
documentario que dirixe Cibrán Tenreiro e as activas propostas en internet
do proxecto.
Libro, documentario e premio estarán presentados após do verán.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.