A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, realizaron unha visita de traballo xunto co alcalde de Agolada, Ramiro Varela, ao conxunto histórico-artístico dos Pendellos, onde se vai celebrar do 4 ao 6 de xullo o III Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, Corazón da Artesanía, organizado pola Consellería de Economía e Industria.
No percorrido polos Pendellos adiantaron que durante o encontro, no que un ano máis tradición e vangarda irán da man, poderá verse o traballo de medio cento de artesáns galegos, que desenvolven máis de vinte oficios tradicionais diferentes, como a xoiería, a olería, a elaboración de instrumentos musicais, o téxtil, a madeira, a cestería, a marroquinería, ou a elaboración de redes ou de zocos. Entre as novas incorporacións atópanse tres artesáns especializados na montaxe de moscas para a pesca, ademais da presenza da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), finalistas do Premio Promociona para Entidades Privadas 2013 nos Premios Nacionais de Artesanía.
O encontro servirá un ano máis para crear un espazo de interrelación con ámbitos como a música, a gastronomía ou o deseño. Así, ademais da exposición e venda de produtos artesanais e demostracións de oficios, haberá máis dunha trintena de postos de venda de produtos gastronómicos, con especial atención ás denominacións de orixe galegas. Ademais, haberá showcooking a cargo de tres cociñeiros galegos do grupo nove: Pepe Solla, Javier Rodríguez Ponte Taky e Héctor López, workshops e coloquios, exposicións e obradoiros, actividades para nenos e nenas e diferentes actuacións musicais e de baile.
Neste ámbito, destacaron o concerto de Marful, que pecha a programación do venres cun espectáculo no que presentan unha proposta ecléctica no que se combinan ritmos e músicos de diferentes tendencias, mentres que o sábado á noite será o turno de Sés, compositora e intérprete cun forte carisma que está a revolucionar a escena musical en Galicia.
Na visita a Os Pendellos salientouse tamén que por primeira vez os visitantes contarán cunha zona habilitada gratuíta para cámping, e que restaurantes locais ofrecerán menús especiais durante o encontro. Ademais, ao igual que nas dúas primeiras edicións, haberá autobuses gratuítos de ida e volta a Lalín para facilitar a asistencia.
A organización deste encontro, que conta coa colaboración, ademais do Concello de Agolada, da Axencia Turismo de Galicia e a Consellería do Medio Rural e do Mar, así como de Fundesarte, a Deputación de Pontevedra, e Asociación Galega de Artesáns e Asociación Galega de Artesáns Tradicionais, forma parte da estratexia de impulso ao sector artesán que desenvolve a Consellería de Economía e Industria, que vén de activar o novo Plan de Artesanía de Galicia.
O obxectivo desta folla de ruta é conseguir un sector artesán sólido e sostible no tempo e que contribúa ao crecemento da economía galega, incidindo na competitividade empresarial e a potenciación do talento galego.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.