
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na rolda de prensa do Consello o inicio dos trámites para que Galicia poida contar por primeira vez cun Plan global director dos Camiños de Santiago que se converterá na folla de ruta para revitalizar, promocionar e promover os camiños de cara ao próximo Xacobeo 2021.
Deste xeito, e con seis anos de traballo ata a próxima gran cita xacobea, Ano Santo 2021, a Xunta inicia os trámites para poder contar con dous instrumentos de xestión: un Plan director, que analizará e diagnosticará as necesidades para seguir poñendo en valor os camiños; e, posteriormente, un Plan estratéxico que fixará as distintas propostas de actuación que se levarán a cabo.
O responsable do Goberno autonómico destacou entre as principais razóns para levar a cabo esta iniciativa a motivación de sacar o máximo proveito ao potencial do Camiño, e o obxectivo de reducir as debilidades que se teñen detectado para poder facelo.
Conscientes da grande fortaleza do Camiño, cun espectacular crecemento do número de peregrinos e de países representados nos últimos anos (150 países e, ata finais de maio recolleron a Compostela un total de 49.728 peregrinos dos cales o 60,95% foron estranxeiros), Feijóo afirmou que os datos obrigan a redefinir as estratexias e políticas que se desenvolven ao seu redor.
Nesta liña, afirmou que o desequilibrio existente en canto ao número de peregrinos nos distintos camiños, a acentuada estacionalidade, a baixa coordinación entre os diversos axentes implicados tanto públicos como privados-, a mellorable calidade dos servizos que se prestan aos peregrinos, o reducido aproveitamento das canles de promoción existentes a nivel nacional e internacional, e os distintos problemas de seguridade viaria ou de accesibilidade nalgúns tramos fan necesario a elaboración dun plan global director.
Se ben o obxectivo é que o Plan director estea ao longo deste ano, o titular do Goberno galego avanzou que se desenvolverá baixo o seguinte decálogo de prioridades: integrar ás distintas institucións e asociacións do Camiño, para non ir cada unha por libre, senón todas a unha; conseguir as delimitacións oficiais que aínda nos quedan de determinados camiños; e determinar as intervencións posibles no Camiño, coidando de cada ruta como un valor patrimonial que non debemos alterar, senón que debemos seguir protexendo.
Así mesmo, destacou a necesidade de desenvolver un programa de atención ao peregrino, para prestarlle a mellor atención posible ao longo de todo o ano; ampliar a promoción, cada vez máis de carácter internacional; incentivar con maior énfase a investigación dos camiños; desenvolver unha estratexia para fomentar a actividade nos períodos que non son Ano Santo, especialmente nos máis longos; e crear novos produtos culturais, tentando fusionar a tradición e a innovación.
Por outra banda, o responsable do Executivo autonómico resaltou a necesidade de estimular o apoio do sector privado en determinados proxectos e eventos especiais e de seguir estimulando a sensibilización da poboación cara ao Camiño.
Imos, en definitiva, plantexar unha planificación e a buscar a complicidade do conxunto de Galicia, toda vez que somos todos os propietarios dos Camiños de Santiago. Somos todos os que logramos manter a súa vixencia; e somos todos aos que nos toca incrementar o valor turístico, aos que nos toca manter vivo o faro cultural do noso país como son os camiños de Santiago e manter unha referencia mundial de Galicia en calquera lugar do mundo.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.