O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, participou na inauguración do encontro Academia, que se celebra na Cidade da Cultura de Galicia. O encontro, que se enmarca na iniciativa Leonardo da Vinci, é un evento anual de mobilidade dirixido aos profesionais da orientación profesional e no que Galicia participa, como cada ano dende o seu inicio no curso 2001-2002, tanto como socio de acollida como enviando a profesionais galegos da orientación a Europa.
Manuel Corredoira salientou a importancia dun bo asesoramento en momentos como o paso do sistema educativo ao mundo laboral pero ademais recalcou a importancia de proxectos como Academia xa que precísase dixo que os orientadores traballen coordinadamente, así como establecer redes integradas de servizos que ofrezan aos usuarios información e asesoramento unificado, global e accesible, tanto no seu lugar de residencia como en contornos xeográficos máis amplos. O director xeral de Educación tamén fixo referencia a LOMCE na que o labor dos servizos de orientación nos centros educativos é fundamental.
Desde a Consellería de Cultura e Educación considérase que é preciso que o sistema galego de información e orientación camiñe en consonancia coas tendencias europeas polo que se considera que iniciativas como o Programa Academia son un bo exemplo do interese por establecer acciones coordinadas e coñecer o que se está levando a cabo en outros países europeos.
Neste sentido, a Consellería elaborou un programa de acollida no que durante cinco días Galicia recibirá un total de 46 persoas, entre coordinadores autonómicos, representantes do ministerio e participantes no programa co obxectivo de facer un estudo comparativo entre os sistemas educativos dos diferentes países e tratar temas como os relativos aos servizos de información e orientación profesional, o papel das novas tecnoloxías da información e comunicación na orientación, o rol que teñen os orientadores no desenvolvemento de plans de mellora ou como ou a importancia que ten que a formación dos profesionais sexa permanentes.
O Programa Academia prevé que ademais de diferentes actividades como relatorios ou traballos en grupo tamén se realizarán visitas a diversos centros de formación profesional específica, a un centro de formación e recursos do profesorado, ao equipo de orientación específico de ámbito provincial, ó Museo Pedagóxico de Galicia, a centros de atención a persoas con descapacidade, aos servizos de orientación da Administración Local ou a Vicerrectorado da Universidade de Santiago.
Con estas actividades preténdese que os asistentes leven unha visión o máis ampla posible das accións de información e orientación profesional que se están desenvolvendo en España e, particularmente, en Galicia. Ao mesmo tempo esta visita permite coñecer as novas tendencias no campo da educación, formación e orientación que se desenvolven noutros países, e intercambiar experiencias entre profesionais.
Sistema de asesoramento en Galicia
Por outra banda, en España a Ley Orgánica de las Cualificaciones y de la Formación Profesional de 2002 destaca a necesidade de asesorar acerca das oportunidades de acceso o emprego e as ofertas de formación para facilitar así a inserción e reinserción laboral dos traballadores.
Neste sentido en Galicia, temos estructurado un sistema de información e orientación propio que supón, tal e como afirmaba Manuel Corredoira no seu discurso, un paso fundamental no sistema educativo.
Na actualidade todos os centros educativos de secundaria e de primaria teñen departamento de orientación o que nos fai contar cunha rede atendida por máis de 700 profesionais. Este compromiso da Consellería co asesoramento da mocidade entroca co espírito do Programa Academia de ofrecer a todos os europeos a posibilidade de adquirir a cualificación e competencia que precisen para se integrar completamente na sociedade e contribuír á mellora profesional mediante a aprendizaxe permanente.
Aposta pola información e asesoramento
Academia é un proxecto europeo anual de mobilidade dirixido principalmente a orientadores e profesorado de Formación e Orientación Laboral (FOL), que está organizado polo Ministerio de Educación, a través do Centro Nacional de Recursos para a Orientación Profesional (CNROP), en colaboración coas Comunidades Autónomas.
Academia é outra das accións a través das que a Consellería de Educación favorece a preparación dos alumnos e alumnas que cursan ciclos formativos para se enfrontar ao mercado de trabalo. Grazas a estas iniciativas os titulados en graos medio e superior de FP acadan altos niveis de empregabilidade. Desta forma ademais ponse en valor a imaxe da Formación Profesional, que supón un auténtico sistema de oportunidades de acceso ao emprego e de mobilidade cara aos estudos universitarios.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.