Notas de prensa

A Deputación de Ourense destina 175.000 euros a programas da UDV

A Deputación de Ourense destina 175.000 € a programas culturais, formativos e de investigación así como a bolsas de mobilidade da Universidade de Vigo. Manuel Baltar e Salustiano Mato asinaron os convenios de colaboración para desenvolver estes proxectos no Campus de Ourense no ano 2014.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron dous convenios de colaboración entre ámbalas dúas institucións por un importe total de 175.000 euros, para o desenvolvemento de programas e actividades de difusión cultural, investigación e formación no Campus de Ourense, así como para as bolsas de mobilidade “Ourense Exterior” no ano 2014. O acto, que tivo lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense, contou tamén coa presenza do vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez.

Manuel Baltar e Salustiano Mato coincidiron en destacar a importancia da colaboración entre a Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo “porque cada unha, desde a súa perspectiva, aposta firmemente pola potenciación do Campus de Ourense, porque con este irrenunciable compromiso estamos contribuíndo ao desenvolvemento da nosa provincia a través da formación e a preparación dos xóvenes universitarios”, afirmou Manuel Baltar.

O presidente provincial dixo que esta colaboración que se ven realizando dende hai anos “non exclúe que abramos novas liñas de cooperación relacionadas coa investigación e a realización de estudos que avalíen a implantación de novas infraestruturas e servizos na provincia de Ourense”. Baltar agradeceu ao reitor a colaboración institucional que a Universidade de Vigo mantén coa Deputación de Ourense, destacando o apoio amosado por Salustiano Mato para que a Universidade de Vigo forme parte de iniciativas como “Observatorio da Sostibilidade” ou mesmo recentemente co Código Ético, coa designación dun membro para integrar o comité de ética.

Ao convenio para o desenvolvemento de actividades culturais a deputación destina un total de 165.000 euros. Ten como obxectivo promover iniciativas de extensión universitaria, conferencias, seminarios, obradoiros e exposicións, actividades teatrais e programas para a igualdade e inclusión. En concreto, os programas que se desenvolverán son: “Alterarte, Obradoiros, MITEU, MOTI, roteiros culturais, coro, Cursos de Verán, Cátedra Carlos Casares, Concerto de Nadal, Visións de Galicia e Portugués Perto.

Ademais, a achega da deputación permitirá levar a cabo o Programa de apoio á mobilidade estudantil para o alumnado do Campus de Ourense integrado no Programa ERASMUS, e destinarase unha partida para o Programa específico de apoio a grupos de investigación do Campus de Ourense (INOU 2014).

Bolsas de mobilidade

No que atinxe ao convenio para as Bolsas de mobilidade “Ourense Exterior” a Deputación de Ourense achega un total de 10.000 euros. O obxectivo desta iniciativa é outorgar bolsas de axuda para facilitar a mobilidade de estudantes descendentes de emigrantes ourensáns, galegos ou españois e para cidadáns estranxeiros, para que poidan cursar os estudos de máster presenciais no Campus de Ourense. As estancias proporcionarán aos estudantes a oportunidade de achegarse á cultura dos seus antepasados e coñecer en profundidade outro sistema universitario. Ao mesmo tempo, coas bolsas, créase unha ferramenta moi útil para dar a coñecer no eido internacional a oferta educativa de calidade que na actualidade está a ofrecer o Campus de Ourense.

Salustiano Mato afirmou que esta alianza entre a Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo “suma para multiplicar”, “pois afianza a relación e o valor mutuo de ámbalas dúas entidades e nos permite seguir avanzando para enriquecer a oferta formativa do Campus de Ourense”. O reitor agradeceu que a Deputación de Ourense manteña o seu apoio económico á Universidade de Vigo e subliñou “a importancia do Campus da Auga “que lle dará ao Campus de Ourense unha importante especialización e internacionalización”, o que suporá un pulo no que atinxe á investigación e docencia do campus ourensán.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2014-06-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES